Non houbo sobrevivintes das cámaras de gas mais si dos campos de exterminio. Estes, a documentación salvagardada polas tropas aliadas que liberaron esas "fábricas de morte" e por heroicos presos como Francesc Boix e outros republicanos españois internados en Mauthausen xunto co testemuño posterior de persoas como a galega Mercedes Nüñez Targa e outras españolas recluídas en Ravensbruck resultaron fundamentais para demostrar a existencia dun programa xenocida sistemático (a Solución Final) perpetrado pola Alemania nazi e os seus aliados contra a poboación de orixe xudea que vivia en Europa.

Ahora, a música e as imaxes servennos para lembrar esa traxedia porque a memoria funciona como antídoto contra o fascismo, a xenofobia e outras formas de incitación ao odio que xa destruiron as libertades e a convivencia en Europa entre 1933 e 1945... e non queremos que iso volva pasar de novo.

Recomendamos por iso, o visionado atento das seguintes producións dispoñibles na Youtube:

dispoñible en diversas versións visuais e outras músicas como fondo de visitas virtuais a ou ao "campo dos spaniars" en Mauthaussen. Dispondes na Rede de artigos con testemuños de superviventes españois deses campos da morte nos que foron confinados coa aquiescencia das autoridades franquistas.

Na aula virtual do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación do Profesorado (Consellería de Educación) podedes visionar varios documentais sobre estas temáticas dentro dos contidos que ofrecen os cursos sobre o Holocausto celebrados en 2014 e 2015.

No curso sobre memoria do Holocausto en 2014 están dispoñibles contidos de grande calidade e rigor contrastado sobre a Shoah. Entre os documentais que ofrecen, recomendamos que visioneses os seguintes:

O violinista de Auschwictz e Unha libraría en seis capítulos sobre a poboación sefardí de Salónica exterminada durante a ocupación nazi de Grecia. Permite, ademais, escoitar o ladino que é a lingua que falaban os sefardíes expulsados polos Reis Católicos en 1492 e que mantiveron como parte da súa identidade colectiva.

Última modificación: martes, 26 de xaneiro de 2021, 10:13 AM