Cóntame un conto ou leme unha poesía
Requisitos do completado
Tarefa de realización dunha presentación con banda sonora.
Proceso
1.- Elección ou Creación do conto, poesía ou texto literario.
2.- Elección do fondo musical en Jamendo ou similar (o tema escollido será CC e deberedes gardar a url onde se vexa a licencia).
3.- (Opcional) Elección dos efectos CC (igualmente deberedes gardar a url de cada un e onde se vexa a súa licencia).
4.- Elección das imaxes (idem) e gardalas na carpeta pública do voso Drive que creastes nunha tarefa anterior.
5.- Preparar un guión, básicamente consistirá en decidir qué párrafos se lerán mentres estea visible cada unha das imaxes.
6.- Grabación da banda sonora con Audacity.
7.- Montaxe do arquivo de son sobre as imaxes (presentación ou vídeo). O resultado final será obrigatoriamente un vídeo.
8.- Aloxamento do vídeo na nube de xeito público (YouTube, Vimeo, etc.) Haberá que indicar a licencia CC-BY-NC-SA-4.0 á hora de subilo.
9.a)- Creación dunha entrada no blog onde se presente e inclúa (embebido) o videoconto/videopoesía realizado.
9.b)- Indicar o enlace acortado ao vídeo xunto cos datos dos compoñentes do grupo no documento compartido para participar nos concursos da Biblioteca e PALABRASINPAPEL.
10.- Enviar ó AV o enlace acortado á entrada do voso blog.