Cóntame un conto ou leme unha poesía
| Sitio: | Aula virtual |
| Curso: | Informática 4º ESO IESEBA 1314 |
| Libro: | Cóntame un conto ou leme unha poesía |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | xoves, 20 de novembro de 2025, 1:06 PM |
Descrición
Tarefa de realización dunha presentación con banda sonora.
Introdución
Os contidos audiovisuais están abarcando cada día que pasa máis campos, entre eles os educativos. Por outra banda a evolución de internet e da web 2.0 mudou o noso comportamento como meros consumidores pasando a facilitarnos a creación de contidos.
Estas dúas circunstancias xustifican a tarefa que vos propoñemos: crear outro xeito de disfrutar dun conto ou dunha poesía incorporando imaxes e sons ao máis tradicional medio escrito de transmisión destes contidos.
Tarefa
"Cóntame un conto ou leme unha poesía"
en menos de 3 minutos
é unha tarefa de edición audiovisual na que tedes que realizar
un videoconto ou unha videopoesía
a partir de imaxes fixas (ou cortos videográficos) que ilustren o conto/poesía breve que teredes que escoller.
Este vídeo terá una banda sonora realizada con Audacity
e na que incluiredes tanto unha música instrumental de fondo como a vosa dramatización do mesmo.
Por certo, a banda sonora poderá incluir tamén algúns efectos acordes co desenvolvemento do texto literario.
(se cadra a poesía é menos susceptibe de incorporar efectos, dependerá dela mesma).
Lembrade que é máis importante a creatividade que o nome da ferramenta empregada.
Tedes liberdade total sempre que o resultado final sexa un vídeo que conteña contidos propios ou con licencia CC.
Proceso
1.- Elección ou Creación do conto, poesía ou texto literario.Recursos
Exemplo de boa edición dunha entrada que inclúe un podcast: "Ler e facer, ... a propósito de Fantasmas de Luz" por Hora de Ler.
Titorial sobre YouTube: "10 trucos escondidos para aprovechar YouTube en el aula" por TotemGuard.
Avaliación
Aspectos a ter en conta para a avaliación da tarefa:- Edición da entrada do blog: título, composición, texto explicativo, enlaces, etiquetas, etc.
- Videoconto-guión: axuste das imaxes ao contido do conto.
- Videoconto-son: axuste da banda sonora ás imaxes, adecuación do fondo musical e dos efectos (opcional) incorporados.
- Videoconto-edición:
- Portada:
- Título e autor do texto literario.
- Autores do videopoema/videoconto.
- Contido.
- Contraportada:
- Título e autor do texto literario.
- Título e autor do fondo musical indicando url acortada e tipo de licencia.
- Título e autor dos efectos musicais se os hai, indicando url acortada e tipo de licencia.
- IES Eduardo Blanco Amor - Culleredo
- Nome e apelidos dos autores (primeiro o autor real e logo o do compañeiro)
- inforEBA - 2013-14
- CC-BY-NC-SA-4.0
- Banda sonora: calidade da dramatización e que sexa perfectamente audible sobre o fondo musical.
- Licencia CC-BY-NC-SA-4.0 indicada no aloxamento do vídeo.
Exemplos
Exemplos de videopoemas realizados a partir de imaxes fixas:
No curso 2011-12 colaboramos co departemento de Lingua Española experimentando coa dramatización de poemas en formato vídeo."A mi buitre" de Noelia Bello:
Videopoemas exhibidos no concerto de música de Fin de Curso na biblioEBA, xuño de 2012.
Envío da tarefa ó AV do curso
Clica na imaxe para enviar a túa tarefa.
- Enviar ó AV o enlace acortado á entrada do teu blog onde teñas publicado o vídeo xunto co texto explicativo da tarefa realizada (resume do traballo, fontes empregadas, opinión sobre as ferramentas, enlace ás fontes de sons e imaxes CC empregadas, etc).
Entrega das videopoesías que concursan
Dado que as datas de entrega son distintas:I Concurso de Vídeo Poesía IESEBA
A Biblioteca María Wonenburger (IES Eduardo Blanco Amor) convoca un CONCURSO DE VÍDEO POESÍA no que poderá participar todo o alumnado matriculado este curso 2013-14 no Instituto Eduardo Blanco Amor de Culleredo.• O concurso pretende fomentar a creación artística cooperativa (literaria, plástica e musical) utilizando as TIC.
• Trátase de crear un vídeo poema que combine en menos de 3 minutos:
• Texto literario (orixinal ou non, en verso ou en prosa) en castelán, galego, inglés ou francés.
• Banda sonora (orixinal ou non).
• Imaxe ou sucesión de imaxes orixinais ou non (fixas ou vídeo).• Os vídeo poemas terán que ser realizados en grupos de dous a catro membros.
• Ao final do vídeo poema deben constar:
• Nomes e apelidos dos creadores do vídeo poema.
• Nome e localidade do noso instituto.
• Título e autor do texto literario.
• Título, autor e o intérprete da música.
• Autor das imaxes.• A data límite de entrega é o 28 de marzo de 2014.
• Como enviar os traballos:
- por correo electrónico a biblioeba@gmail.com indicando no asunto Vídeo poesía, o nome dos autores e o curso.
- nun pen-drive (USB) rotulado co nome dos autores e o curso, que será entregado na biblioteca durante os recreos.• O xurado estará formado por membros do equipo da Biblioteca e dos departamentos didácticos colaboradores.
• O xurado seleccionará un grupo de traballos entre os que se escollerán os tres premiados:
• Primeiro premio: Vale por ¿? euros para adquirir libros, música ou cine.
• Segundo premio: Vale por ¿? euros para adquirir libros, música ou cine.
• Terceiro premio: Vale por ¿? euros para adquirir libros, música ou cine.
PALABRASINPAPEL. Concurso de vídeo poesía.
PALABRASINPAPEL é un concurso de vídeo poesía organizado polo Concello de A Coruña co que colaboran Polisemias (taller de escritura creativa) que se adapta moi ben a este proxecto audiovisual da materia de informática e o Centro de Formación do Profesorado de A Coruña.As condicións para participar nel son as mesmas cas desta tarefa salvo que a participación é por grupos de entre 2 e 4 persoas. Por iso os vosos traballos feitos individualmente van firmados polos 2-3 compoñentes do grupo e, dado que se poden enviar varios traballos, estamos duplicando ou triplicando as posibilidades de obter un premio.
- Data límite de inscripción: 28 de febreiro (posiblemente 8 de marzo)
- Data límite de recepción dos traballos: 30 de abril.
- Data da Gala: 21 de maio ás 12:00 no Ágora.
- Proxección dos vídeo poemas finalistas no teatro Ágora.
- Entrega de premios aos 3 primeiros así como ao centro da equipa gañadora.
- Ágape de confraternización entre participantes.
Aspectos nos que se fixará o xurado á hora de escoller os mellores traballos:
- Orixinalidade. En principio a idea era que todo fose orixinal polo que aínda que agora se permiten recursos CC supoño que valorarán se son vosos. Neste caso convirá que quede clariño nos créditos.
- O reparto da valoración será:
- 40 % para o texto literario.
- 15 % para a banda sonora.
- 15 % para a imaxe ou imaxes.
- 30 % para a capacidade de evocación do conxunto.