Cóntame un conto ou leme unha poesía
Requisitos do completado
"Cóntame un conto ou leme unha poesía" é unha tarefa de edición de son na que tedes que realizar un videoconto ou unha videopoesía a partir de imaxes fixas que ilustren o conto/poesía breve que teredes que escoller. Este vídeo terá una banda sonora realizada con Audacity e na que incluiredes tanto unha música instrumental de fondo como a vosa dramatización do mesmo. Por certo, a banda sonora deberá incluir tamén algúns efectos acordes co desenvolvemento do conto (se cadra a poesía é menos susceptibe de incorporar efectos, dependerá dela mesma).
6. Exemplos
Exemplo de vídeo realizado a partir de imaxes: O noso instituto.
No curso 2009-10, Gianfranco e Adrián realizaron este impresionante vídeo promocional do no noso instituto, os demáis equipos fixeron o mesmo traballo co mesmo material pero había que destacar un.Exemplos de videopoema realizado a partir de imaxes fixas:
No curso 2011-12 colaboramos co departemento de Lingua Española experimentando coa dramatización de poemas en formato vídeo.
"A mi buitre" de Noelia Bello:
Videopoemas exhibidos no concerto de música de Fin de Curso na biblioEBA, xuño de 2012.