Cóntame un conto ou leme unha poesía

Sitio: Aula virtual
Curso: Informática 4º ESO IESEBA 1213
Libro: Cóntame un conto ou leme unha poesía
Impreso por: Invitado
Data: mércores, 26 de novembro de 2025, 1:11 AM

Descrición

"Cóntame un conto ou leme unha poesía" é unha tarefa de edición de son na que tedes que realizar un videoconto ou unha videopoesía a partir de imaxes fixas que ilustren o conto/poesía breve que teredes que escoller. Este vídeo terá una banda sonora realizada con Audacity e na que incluiredes tanto unha música instrumental de fondo como a vosa dramatización do mesmo. Por certo, a banda sonora deberá incluir tamén algúns efectos acordes co desenvolvemento do conto (se cadra a poesía é menos susceptibe de incorporar efectos, dependerá dela mesma).

1. Introdución

Edición Audiovisual

Os contidos audiovisuais están abarcando cada día que pasa máis campos, entre eles os educativos. Por outra banda a evolución de internet e da web 2.0 mudou o noso comportamento como meros consumidores pasando a facilitarnos a creación de contidos.
Estas dúas circunstancias xustifican a tarefa que vos propoñemos: crear outro xeito de disfrutar dun conto ou dunha poesía incorporando imaxes e sons ao máis tradicional medio escrito de transmisión destes contidos.

2. Tarefa

"Cóntame un conto ou leme unha poesía"
é unha tarefa de edición audiovisual na que tedes que realizar
un videoconto ou unha videopoesía
a partir de imaxes fixas que ilustren o conto/poesía breve que teredes que escoller.
Este vídeo terá una banda sonora realizada con Audacity
e na que incluiredes tanto unha música instrumental de fondo como a vosa dramatización do mesmo.
Por certo, a banda sonora deberá incluir tamén algúns efectos acordes co desenvolvemento do conto
(se cadra a poesía é menos susceptibe de incorporar efectos, dependerá dela mesma).

3. Proceso

  1. Eleción do conto ou poesía.
  2. Eleción do fondo musical en Jamendo ou similar (o tema escollido será CC).
  3. Eleción dos efectos.
  4. Eleción das imaxes.
  5. Preparar un guión, básicamente consistirá en decidir qué párrafos se lerán mentres estea visible cada unha das imaxes.
  6. Grabación da banda sonora con Audacity.
  7. Montaxe do arquivo de son sobre as imaxes (presentación ou vídeo). O resultado final será obrigatoriamente un vídeo.
  8. Aloxamento do vídeo na nube (YouTube, Vimeo, etc.)
  9. Creación dunha entrada no blog onde se presente e inclúa (embebido) o videoconto/videopoesía realizado.
  10. Enviar ó AV o enlace á entrada do voso blog.

4. Recursos.

Aspectos básicos a ter en conta para dramatizar correctamente un conto: "Breve para cuentistas apresurados" por Pep Bruno.

Exemplo de boa edición dunha entrada que inclúe un podcast: "Ler e facer, ... a propósito de Fantasmas de Luz" por Hora de Ler.

Titorial sobre YouTube: "10 trucos escondidos para aprovechar YouTube en el aula" por TotemGuard.



5. Avaliación

Aspectos a ter en conta para a avaliación da tarefa:
  • Edición da entrada do blog: título, composición, texto explicativo, enlaces, etiquetas, etc.
  • Videoconto-guión: axuste das imaxes ao contido do conto.
  • Videoconto-son: axuste da banda sonora ás imaxes, adecuación do fondo musical e dos efectos incorporados.
  • Videoconto-edición: portada (título, autores), contido, contraportada (autores, recursos empregados, agradecementos)
  • Banda sonora: calidade da dramatización e que sexa perfectamente audible sobre o fondo musical.

6. Exemplos

Exemplo de vídeo realizado a partir de imaxes: O noso instituto.
No curso 2009-10, Gianfranco e Adrián realizaron este impresionante vídeo promocional do no noso instituto, os demáis equipos fixeron o mesmo traballo co mesmo material pero había que destacar un.



Este e outros vídeos podedes velos no canal ieseba de YouTube.

Exemplos de videopoema realizado a partir de imaxes fixas:
No curso 2011-12 colaboramos co departemento de Lingua Española experimentando coa dramatización de poemas en formato vídeo.

"A mi buitre" de Noelia Bello:



"Asusta" de Rita Culicovschi:



Videopoemas exhibidos no concerto de música de Fin de Curso na biblioEBA, xuño de 2012.