Cóntame un conto ou leme unha poesía
Requisitos do completado
"Cóntame un conto ou leme unha poesía" é unha tarefa de edición de son na que tedes que realizar un videoconto ou unha videopoesía a partir de imaxes fixas que ilustren o conto/poesía breve que teredes que escoller. Este vídeo terá una banda sonora realizada con Audacity e na que incluiredes tanto unha música instrumental de fondo como a vosa dramatización do mesmo. Por certo, a banda sonora deberá incluir tamén algúns efectos acordes co desenvolvemento do conto (se cadra a poesía é menos susceptibe de incorporar efectos, dependerá dela mesma).
3. Proceso
- Eleción do conto ou poesía.
- Eleción do fondo musical en Jamendo ou similar (o tema escollido será CC).
- Eleción dos efectos.
- Eleción das imaxes.
- Preparar un guión, básicamente consistirá en decidir qué párrafos se lerán mentres estea visible cada unha das imaxes.
- Grabación da banda sonora con Audacity.
- Montaxe do arquivo de son sobre as imaxes (presentación ou vídeo). O resultado final será obrigatoriamente un vídeo.
- Aloxamento do vídeo na nube (YouTube, Vimeo, etc.)
- Creación dunha entrada no blog onde se presente e inclúa (embebido) o videoconto/videopoesía realizado.
- Enviar ó AV o enlace á entrada do voso blog.