OBXECTIVOS
Imos traballar a distintos niveis de sociabilidade e cada un require un medio de comunicación distinto. Vexamos as primeiras canles de comunicación en función do tipo de traballo e organización:
Individual. Necesitaredes crear unha conta de correo web persoal en Gmail. Dado que a maioría de vós a seguirá empregando no futuro imos facer unhas recomendacións:
- A conta terá unha estructura do tipo nomedeusuario@gmail.com e recomendamos que o nome de usuario sexa: nome.apelido
- Se xa estivese rexistrada probade engadindo o segundo apelido e xogade poñendo ou quitando os puntos. Consultade co profesor se tedes problemas ó respecto. Lembrade que o correo debe identificarvos, un correo anónimo é igual de sospeitoso que unha persoa coa cara cuberta.
Parella. Na Aula Virtual (A.V.) traballaredes por parellas e a maioría dos traballos realizarédelos deste xeito. Tedes que comezar a traballar en equipo, sofrir e disfrutar delo, e comezaremos polo equipo máis pequeno, quedades informados que non se pode desfacer baixo ningún criterio ata fin de curso. Na vida non todo é xusto!.
- Para este traballo en equipo herdaredes unha conta do departamento do estilo inforeba.02.03@gmail.com e que deberedes liberar antes de rematar o curso.
- A explicación deste correo é a seguinte:
- inforeba está claro, informática do eduardo blanco amor.
- 02, é o grupo. 01, 03 e 04 son os tres grupos de Angel e o 02 o de Gumer.
- 03, é o equipo dentro da aula, temos 12 ordenadores e 12 equipos de traballo (xa vedes que pode ocurrir que as parellas sexan tríos).
- O nome de usuario desta conta de correo é, tamén, o nome de usuario para entrar nesta A.V.
- Os contrasinais para a conta de correo de grupo e para a A.V. son os mesmos (02031213 para a conta anterior, os catro números do nome de usuario máis o curso no que estamos 1213) debedes cambialos en canto podades. Non debedes esquecelos.
- A conta de correo do equipo ten como correo de recuperación inforeba@gmail.com e non debedes modificala.
Grupo inforeba. Para as comunicacións entre todos nós, os profesores e o alumnado de inforeba 2012-13, contaremos cun "google groups", un foro neste A.V., unha lista de Twitter, e vai ti a saber!.
- Polo depronto presentádevos no Foro de Presentación, dado que accededes como equipo teredes que indicar nome e apelido dos compoñentes así como de qué 4º sodes.
- Respondede só á entrada do profesor, xa veredes que se respostades na entrada dun compañeiro a estrutura da conversación pode non quedar tan clara.
- Haberá Foros para cada tema no que cada quen poderá plantexar as súas dúbidas ou axudas ós compañeiros. Lembrade que sempre podedes facelo cara a cara, pero a realidade futura vai ser empregar o Foro e por iso imos valoralo positivamente.