OBXECTIVOS
| Sitio: | Aula virtual |
| Curso: | Informática 4º ESO IESEBA 1213 |
| Libro: | OBXECTIVOS |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | venres, 21 de novembro de 2025, 11:46 AM |
Descrición

Se ben xa estamos cansos de oir a expresión "nativo dixital" e de ver ós mozos (cada vez máis novos) empregando aparellos tecnolóxicos cada vez máis sofisticados e con posibilidades de relación social virtual máis amplia e inmediata, o sistema educativo non articula ata este momento, cando os mozos teñen 15-16 anos, unha intervención académica nesta actividade eminentemente social e de formación da persóa.
Nesta introdución do curso queremos transmitirvos que o noso obxectivo será orientarvos nunha madurez persoal acorde cos tempos nos que nos tocou vivir e que de certo sufrirán transformacións futuras aínda máis relevantes cas que coñecemos. A velocidade de transformación aumenta a cada momento e non ten sentido prepar a ninguén para o presente senón actuar sobre o individuo para que sexa capaz de adaptarse ó futuro. Esta filosofía faravos protagonistas e non receptores de información, a información está en internet, nós imos axudarvos a sacarlle o máximo partido que cada un necesite segundo as súas necesidades.
Todos sodes conscientes de que a privacidade e as normas de cortesía foron variando co tempo, todos oíchedes falar da relación dos vosos pais cos vosos avós, non é a mesma relación que a que tedes vos, nin mellor nin peor, distinta e en consoancia cos tempos. Aínda que esteades na etapa adolescente, transgresora e revolucionaria, esas normas ou hábitos de cortesía ou saber estar e de privacidade seguen ahí, distintas, pero ahí. O problema é que antes todo era cara a cara e un traspés quedaba na nosa pequena rede social, familia, veciños, barrio, pero coa globalización todo está á vista de todos e debemos ser conscientes delo e de que estará ahí sempre. Non é cuestión de collerlle medo ou renegar dela pero sí coñecela e aproveitala no noso beneficio, que será moito.
Cada quen debe acadar un PLE (Entorno Personal de Aprendizaxe) suficientemente versátil para adaptarse o seu futuro de contínuo aprendizaxe.
Os primeiros pasos serán os encamiñados a establecer as canles de comunicación, os grupos de traballo, as primeiras fontes de información e, logo, os vosos portfolios ou bitácoras onde vós seredes os protagonistas, os creadores e difusores de coñecemento.
Jordi Adell (@jordi_a) explicanos que un PLE é como o conxunto de ferramentas, fontes de información, conexións e actividades que cada persoa utiliza de forma asidua para aprender.

Imos traballar a distintos niveis de sociabilidade e cada un require un medio de comunicación distinto. Vexamos as primeiras canles de comunicación en función do tipo de traballo e organización:
Individual. Necesitaredes crear unha conta de correo web persoal en Gmail. Dado que a maioría de vós a seguirá empregando no futuro imos facer unhas recomendacións:
- A conta terá unha estructura do tipo nomedeusuario@gmail.com e recomendamos que o nome de usuario sexa: nome.apelido
- Se xa estivese rexistrada probade engadindo o segundo apelido e xogade poñendo ou quitando os puntos. Consultade co profesor se tedes problemas ó respecto. Lembrade que o correo debe identificarvos, un correo anónimo é igual de sospeitoso que unha persoa coa cara cuberta.
Parella. Na Aula Virtual (A.V.) traballaredes por parellas e a maioría dos traballos realizarédelos deste xeito. Tedes que comezar a traballar en equipo, sofrir e disfrutar delo, e comezaremos polo equipo máis pequeno, quedades informados que non se pode desfacer baixo ningún criterio ata fin de curso. Na vida non todo é xusto!.
- Para este traballo en equipo herdaredes unha conta do departamento do estilo inforeba.02.03@gmail.com e que deberedes liberar antes de rematar o curso.
- A explicación deste correo é a seguinte:
- inforeba está claro, informática do eduardo blanco amor.
- 02, é o grupo. 01, 03 e 04 son os tres grupos de Angel e o 02 o de Gumer.
- 03, é o equipo dentro da aula, temos 12 ordenadores e 12 equipos de traballo (xa vedes que pode ocurrir que as parellas sexan tríos).
- O nome de usuario desta conta de correo é, tamén, o nome de usuario para entrar nesta A.V.
- Os contrasinais para a conta de correo de grupo e para a A.V. son os mesmos (02031213 para a conta anterior, os catro números do nome de usuario máis o curso no que estamos 1213) debedes cambialos en canto podades. Non debedes esquecelos.
- A conta de correo do equipo ten como correo de recuperación inforeba@gmail.com e non debedes modificala.
Grupo inforeba. Para as comunicacións entre todos nós, os profesores e o alumnado de inforeba 2012-13, contaremos cun "google groups", un foro neste A.V., unha lista de Twitter, e vai ti a saber!.
- Polo depronto presentádevos no Foro de Presentación, dado que accededes como equipo teredes que indicar nome e apelido dos compoñentes así como de qué 4º sodes.
- Respondede só á entrada do profesor, xa veredes que se respostades na entrada dun compañeiro a estrutura da conversación pode non quedar tan clara.
- Haberá Foros para cada tema no que cada quen poderá plantexar as súas dúbidas ou axudas ós compañeiros. Lembrade que sempre podedes facelo cara a cara, pero a realidade futura vai ser empregar o Foro e por iso imos valoralo positivamente.
La identidad digital hace referencia a la imagen que proyectamos de nosotros mismos a través de los soportes digitales y cómo nos ven los demás.
Esta imagen es de gran importancia para todos, tanto si somos usuarios activos de Internet, participando en discusiones, foros, redes sociales o escribiendo en blogs, como si nos limitamos a leer páginas y nada más. Para bien o para mal, la red se ha convertido en una enorme acumulación de información de todo tipo que incluye a las personas y es más que probable que nuestro nombre aparezca en los buscadores aún cuando no hayamos hecho nada relevante en Internet. Esta información, que puede ser de lo más diversa y de fuentes totalmente insospechadas, forman parte también de nuestra identidad digital y nos definen y califican ante los demás.
La identidad digital se define como la imagen que proyectamos de nosotros mismos en los soportes digitales (Foros, Redes Sociales, Blogs…) y de cómo nos perciben los demás…
La identidad digital, o la construimos nosotros o nos la hacen los demás
Tanto a nivel personal como organizativo la identidad digital no puede ignorarse. Aún en el caso de que alguien decida mantenerse al margen de Internet, los usuarios, amigos, conocidos, enemigos o mirones ocasionales con sus comentarios, artículos y críticas crearán una imagen que al final será la que definirá la identidad digital, se quiera o no.
Con estos parágrafos queda sementada a primeira tarefa que logo definiremos, agora imos profundizar máis na identidade dixital e farémolo a través dun debate na aula logo de ler os artigos que vos recomendamos a continuación e dos que se extrouxeron os parágrafos anteriores:

"La identidad digital de los centros educativos" de Juan José de Haro
"La Identidentidad Digital en los menores" de Juan José de Haro.
"Identidad digital y autocensura 2.0" de Alberto González
Quen verdadeiramente nos coñece sabe como somos,
que non nos coñece cré que somos o que parecemos ou o que din de nós.
Como profesores intentaremos deixar de ser transmisores de coñecemento para convertirnos en facilitadores do "aprender facendo", comezaremos compartindo os nosos PLE, onde nos informamos, como curamos contidos e onde publicamos:
Blog en Wordpress: http://accionangel.wordpress.com/category/inicio/
Blog en Blogger: http://accionangel.blogspot.com.es/
O meu Twitter, @angelaccion: https://twitter.com/angelaccion, mira a que sigo.
Un escritorio virtual: http://www.netvibes.com/accionangel#Culleredo
O Scoop de Tecnoloxía, Informática e IPEE (TECNOLOGÍA_aal66): http://www.scoop.it/t/ipee
O Scoop sobre Redes Sociais (Redes Sociales_aal66): http://www.scoop.it/t/redes-sociais-ala66
e un Scoop sobre Educación en xeral (TIC-TAC_aal66): http://www.scoop.it/t/inforeba
Observa tamén a quen seguimos nos Scoop, se cadra atopas alguén interesante a quen seguir.
A continuación o PLE de Gumer:
Blog en Wordpress: http://sindofdez.wordpress.com/
Blog en Blogger: http://www.tecnodiveba.blogspot.com.es/
O meu Twitter, @sindofdez: https://twitter.com/sindofdez
Un escritorio virtual aínda en construción: http://www.netvibes.com/sindofdez#General
O Scoop de Tecnoloxía (tecno4): http://www.scoop.it/t/tecno4
O Scoop sobre TIC e Educación (TIC & Educación): http://www.scoop.it/t/tic-gff
E un Scoop sobre contidos científico- tecnolóxicosl (Artículos CIENCIA-TECNOLOGIA):http://www.scoop.it/t/noticias-ciencia-tecnologia