Proceso

Aínda que xa teñas pensado o que queres ser de maior agora tes a oportunidade de afianzar a túa postura ou mudala.

O primeiro paso é coñecerte a ti mesmo, detectar as túas aptitudes ou fortalezas e para iso pode ser interesante realizar algún deses cuestionarios onde che orientan en función das túas respostas. Non son infalibles, non teñen porque estar actualizados, non creo que conteñan todas as posibilidades, traballos ou profesións; pero sempre é un criterio máis. 

Despois de atopar o campo profesional vocacional convén mirar os estudos de diferente nivel que o desenvolven porque pode ser que estás pensando en algo concreto e esa actividade non a desenvolve o profesional que estudou o que ti pensas. Hai que valorar o Ciclo Formativo de Grao Medio, o Superior, o Grao. Terás que mirar se se pode pasar dun ao outro, se ao facelo convalidan materias, se reservan prazas para uns determinados grupos, etc.

Logo xa so queda elexir o lugar onde estudar.