Eu de maior quero ser
| Sitio: | Aula virtual |
| Curso: | Informática 4º ESO IESEBA 1415 |
| Libro: | Eu de maior quero ser |
| Imprimido por: | Invitado |
| Día: | miércoles, 26 de noviembre de 2025, 13:50 |
Descripción
Presentación con exposición
Introdución
Chegou o momento de comezar a planificar o teu futuro.Nesta tarefa pretendemos que descubras ou definas a túa futura "ocuPasión".
Facilitarémosche unha serie de enlaces onde atopar información temática, pero máis importante que darche enlaces o que nos interesa e que te acostumes a buscar e que aprendas a valorar a información dos organismos oficiais que sempre serán máis fiables e obxectivos.
É o momento de reflexionar sobre os teus intereses e aptitudes, coñecer as posibilidades de formación existentes e tomar unha decisión vocacional.
Tarefa
Tes claro o teu futuro profesional?
A que queres adicarte?
Cal é o percorrido académico ata chegar a esa profesión desexada?
Realmente sabes o que fai o profesional ao que aspiras e onde pode traballar?
Logo de investigar sobre todo o anterior coa axuda dos recursos que che facilitaremos no seguinte capítulo e os que ti poidas atopar prepara unha Presentación en Google Docs para unha ponencia de 1-2 minutos que realizarás na clase.
Proceso
Aínda que xa teñas pensado o que queres ser de maior agora tes a oportunidade de afianzar a túa postura ou mudala.O primeiro paso é coñecerte a ti mesmo, detectar as túas aptitudes ou fortalezas e para iso pode ser interesante realizar algún deses cuestionarios onde che orientan en función das túas respostas. Non son infalibles, non teñen porque estar actualizados, non creo que conteñan todas as posibilidades, traballos ou profesións; pero sempre é un criterio máis.
Despois de atopar o campo profesional vocacional convén mirar os estudos de diferente nivel que o desenvolven porque pode ser que estás pensando en algo concreto e esa actividade non a desenvolve o profesional que estudou o que ti pensas. Hai que valorar o Ciclo Formativo de Grao Medio, o Superior, o Grao. Terás que mirar se se pode pasar dun ao outro, se ao facelo convalidan materias, se reservan prazas para uns determinados grupos, etc.
Logo xa so queda elexir o lugar onde estudar.
Recursos Orientación
Primeiro terás que reflexionar sobre ti mesmo e permitir que un cuestionario che suxira opcións. Será por cuestionarios?
Lembra
que a decisión é túa, que non cha marque un cuestionario,que as decisións son como a froita, deben madurar, eque as grandes decisións son froito de largas reflexións.
Orientaguía é o blog de Claudio Castilla, orientador do IES Ramón Arcas Meca de Murcia. CC-BY-NC-SA.
Inicialmente recoméndovos a lapela "Proyecto Vocacional" aínda que logo seguro que pasaredes moito tempo neste blog dunha calidade recoñecida con varios premios, curioseade polas lapelas e polos enlaces do lateral.
O Departamento de Orientación do IES Parque de Lisboa publicou este documento en maio de 2014 do que destaco:
- Resumen da Selectividade (a vós xa non vos toca).
- Estructura dos Graos segundo o Plan Bolonia.
- E esas outras profesións como Bombeiro, Policía, Vixiante, Piloto, Militar, etc. que son outras opcións académicas específicas (páxinas 29-30)
Se en primeiro lugar fixeches un cuestionario para detectar a túa vocación o segundo que debes facer, pola urxencia, é ver como vai ser o teu Bacharelato o ano que ven, neste Resumen da LOMCE tes a información para tí sobre o bacharelato e para as túas amizades respecto da Educación Primaria, Secundaria e Fomación Profesional Básica.
"Recursos en internet para la Orientación Académica y Profesional" é un repositorio comentado de enlaces relacionados co título. Pertence ao Departamento de Orientación do IES Parque de Lisboa de Madrid e nos documentos elaborados por eles fan referencia aos estudios da súa comunidade.
Un recurso interesante é este "De las ocupaciones que conoces a las que no conoces" onde descubrirás que, ao igual que a Tecnoloxía e a Informática, o mundo laborar tamén sobre cambios moi rápidos e tanto aparecen novas profesións e oficios como desaparecen outros.
O Instituto Galego das Cualificacions conta cunha excelente e moi visual páxina de información, onde podedes atopar desde as profesións máis contratadas por comarcas ata información que relaciona as profesións e o mundo laboral.
Nesta liña tamén está o "Buscador de ocupaciones" do concello de Barcelona.
Para ver todos os estudos esta web de Ibercaja Orienta semella moi intuitiva e rápida, non ten pinta de entrar en moito detalle pero para unha visión xeral e por riba pode ser do voso gusto. Emagister é outra empresa que ao mesmo tempo que informa de todo tipo de estudos tamén oferta os seus propios, unha web moi intuitiva tanto para informarse dos estudios superiores como de onde facelo.
Non é o momento pero debes saber que as administracións tamén teñen os seus portais relacionados coa búsqueda de emprego como esta de Andalucía.
Portal Galego da Formación Profesional:
Portal MEC da Formación Profesional:
Recursos Presentación
Neste capítulo falaremos do aspecto máis formal da tarefa: a Presentación.
Obrigatoriamente terás que facela con Google Slides, non ofrece todas as posibilidades de Open Office Impress ou Power Point pero dado o caracter de apoio á túa ponencia non vas precisar de efectos especiais, fondos musicais nin transicións espectaculares. Xa chegará o momento no que te poidas lucir coa túa creatividade.
Convén que botes unha ollada a estes "18 tips para una presentación genial" antes de comezar e tamén este artigo con consellos para unha presentación de diapositivas exitosa ou ben esta "Mini-Guía de Diseño", unha infografía de Alazne González.
Nos capítulos 11 e 12 deste curso de aulaClic sobre Google Docs terás unha axuda no caso de que te atasques, que non o creo, xa que é moi intuitivo. Sí pode ser que precises botarlle un ollo o capítulo 14 relativo a Compartir e Publicar cando teñas que inserir a presentación no teu blog ou seguir este titorial paso a paso:
Consellos para presentacións
Para conseguir unha boa presentación debes ler o seguinte artigo de Javier Fernández Panadero titulado "Consejos para presentaciones" publicado no seu blogue "La Ciencia para todos". Ou visionar o seguinte vídeo que recolle todo o necesario para diferenciar unha presentación de acompañamento a un discurso doutra que estea aloxada na rede para ler individualmente.Tede coidado se sodes amigos das presentacións dinámicas porque podedes conseguir o efecto contrario ao desexado. Recoméndoche esta "Inmunoterapia frente a presentaciones aburridas" de Ángel Micelti en Prezi:
Avaliación
Neste tema avaliarase por un lado a Presentación e por outro a Exposición pública da mesma e dado que de antemán xa se coñece o obxectivo da primeira, que non é o de un mero recopilatorio de información senón un apoio visual da segunda, as características non son as mesmas que para unha presentación divulgativa tradicional.
Presentación:
- Texto: pouco e grande, unha ou dúas fontes tipográficas, que se lea ben (vixiar a súa cor en función do fondo). Ortografía.
- Imaxes: de boa calidade, tamaño axeitado.
- Enlaces: hiperenlazados a textos ou imaxes, non deben figurar url completas (se non se enlazan polo menos que figuren acortadas)
- Vídeo: debe haber un polo menos aínda que non se visualice na exposición.
- Composición: valorarase a composición texto-imaxe coma se fose un cadro, o tamaño das fontes e a súa cor poden enfatizar o que consideredes máis relevante.
- Estrutura:
- Portada (título, profesión, autor).
- Contido (mínimo 8 diapositivas). Estrutura: que facer, en que consiste, onde facelo.
- Créditos: Autor, materia (inforeba 2014/15), introdución ás referencias bibliográficas (indicar se as imaxes son de Google Imágenes, Flickr, etc.; as webs de onde tomades a información, etc.) a modo de listado e con url completas. Este apartado bibliográfico terase pouco en conta nesta primeira ocasión pero é un tema que traballaremos moi en profundidade.
Exposición:
- Non leas a presentación. Debe ser un apoio visual á vosa exposición.
- Debe ser entretida e motivadora, tan emotiva que case convenzades ao auditorio da vosa eleción.
- Mira cara ao público e móvete. Xesticula según a relevancia do que fales. Esto é comunicación corporal. As mans nunca na espalda nin as pernas cruzadas.
- A primeira vez tedes que vencer o pánico escénico, comezade despacio, fixádevos se o voso volume de voz chega a todos, empregade algunha anécdota persoal ou chiste para distendir a situación.
- Comeza presentándote e despídete agradecendo a atención. Valora se convén iniciar un turno de preguntas e, se o fas terás que exercer de moderador dando a palabra a quen consideres ou rematar a exposición cando o vexas oportuno.
Exemplos
Antes de amosarche algúns exemplos do curso pasado debes ter en conta que ao igual que na roupa tamén hai modas nas presentacións, modas ou estudos de marketing que nos indican como chegar ao espectador dun xeito máis efectivo.
Pouca letra (nalgún sitio recoméndase non máis de 6 liñas nin máis de 6 palabras por liña), moi visual, con cores, poucas tipografías, tamaños de fonte grandes, etc.
Neste artigo de cajadeideasonline preséntannos "8 ejemplos de presentaciones en Power Point creativas y profesionales donde inspirarte".
Podes revolver entre os blogs do curso pasado para inspirarte ou mesmo ver estas recomendacións:
Todos teñen algo moi bo pero ningún é perfecto, o perfecto é o teu, o que saia de ti e responda á túa paixón e creatividade. Os exemplos son eso, exemplos do que se pode facer, pero neste caso enfócao para unha ponencia: toda a información debe estar accesible pero non escrita directamente na diapositiva.

Envío da Tarefa ao AV do curso
Clica na imaxe para enviar a túa tarefa "Eu de maior quero ser..."Lembra que tes que:
- Enviar ó AV a enlace acortado á entrada do teu blog onde teñas inserida a túa presentación realizada con Google Slides.
Para acortar a url podes empregar o Google url Shortener ou calquera dos que che recomenda ozongo.com.
Observa ou clica nos seguintes enlaces:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesblancoamorculleredo/ (sen acortar)
http://goo.gl/WGIvW (acortado con Google url shortener)
http://tiny.cc/skldnx (acortado con Tiny)
Tarefa: Exposición Pública
Clica na imaxe para ver o enunciado da tarefa relativa á Exposición Pública da Presentación "Eu de maior quero ser..." - E non esquezas repasar estes "18 tips para una presentación genial"