Exemplos

Nesta entrada do blog biblioEBAcomentada tedes as cuñas participantes no I Concurso de Tuíts e Cuñas Radiofónicas contra a Violencia de Xénero convocado polo Concello de Culleredo en novembro de 2013.

Posteriomente, os autores das 5 cuñas finalistas foron invitados por Radio Culleredo para remasterizalas e ser entrevistados xunto con Maite Reigosa que exerceu de coordinadora da actividade. Tanto a entrevista como as cuñas finalistas que foron retransmitidas na radio local eses días podedes escoitalas nesta entrada

Explorade un pouco para empaparvos de creatividade e procurade melloralo. Lembrade que de paso que colaboramos con esta campaña tamén estamos aprendendo a ser respetuosos coa nosa parella.

Un derradeiro consello:
 "ponte no seu lugar" e serás mellor persoa.