Cuñas radiofónicas
| Sitio: | Aula virtual |
| Curso: | Informática 4º ESO IESEBA 1415 |
| Libro: | Cuñas radiofónicas |
| Imprimido por: | Invitado |
| Día: | miércoles, 14 de enero de 2026, 12:50 |
Descripción
Posible concurso do Concello de Culleredo con motivo do Día contra a Violencia de Xénero do 25 de novembro.
Introdución
O curso pasado, 2013-14, o Concello de Culleredo convocou un Concurso de Cuñas Radiofónicas con motivo do Día Contra a Violencia de Xénero, 25 de novembro, e naquel momento colléunos pouco preparados polo que este ano adiantamos o tema de Edición de Son para que poidades ter unha maior destreza no manexo da ferramenta Audacity e así poder presentar unhas cuñas coa maior calidade posible.
De feito a experiencia foi moi positiva e todos, Concello e profesores, quedamos sorprendidos coa creatividade e calidade das cuñas participantes.
Neste curso académico, con concurso ou sen él, ides realizar unha cuña radiofónica que, como mínimo, será divulgada no blog biblioEBAcomentada e, deste xeito, colaboraremos na concienciación do respeto á nosa parella.
Tarefa
Tedes que realizar unha cuña radiofónica dunha duración máxima de 40 segundos en formato mp3 que publicaredes no voso blog previo aloxamento nun servidor (Ivoox, SoundCloud,...) así como enviar o arquivo ao documento colaborativo que se vos facilitará.Proceso
Recursos
Para montar a túa cuña radiofónica vas precisar un fondo sonoro (música instrumental libre de dereitos de autor ou con licencia CC) e a túa voz. Cada cousa será unha "pista" de audio que poderás editar con este software gratuito: Audacity.
Todos os recursos musicáis que empregues deben estar licenciados para a súa reutilización, é dicir, deben contar (e tí comprobar) que teñen unha licencia Creative Commons (CC). Se cadra a mellor axuda sexa este breve artigo que poderíamos titular: Recursos sonoros CC, que son e onde atopalos.
Para esta e para outras tarefas sempre contarás con este repositorio de BANCOS DE RECURSOS GRATUITOS (sons, imaxes, vídeos, etc.).
Exemplos
Nesta entrada do blog biblioEBAcomentada tedes as cuñas participantes no I Concurso de Tuíts e Cuñas Radiofónicas contra a Violencia de Xénero convocado polo Concello de Culleredo en novembro de 2013.
Posteriomente, os autores das 5 cuñas finalistas foron invitados por Radio Culleredo para remasterizalas e ser entrevistados xunto con Maite Reigosa que exerceu de coordinadora da actividade. Tanto a entrevista como as cuñas finalistas que foron retransmitidas na radio local eses días podedes escoitalas nesta entrada.
Explorade un pouco para empaparvos de creatividade e procurade melloralo. Lembrade que de paso que colaboramos con esta campaña tamén estamos aprendendo a ser respetuosos coa nosa parella.
Un derradeiro consello:
"ponte no seu lugar" e serás mellor persoa.