Tarefa 7. Scratch interactivo. 100 puntos. REABERTO ATA O 09/06/2023.
Unha vez rematada a vosa investigación e aprendido a manexar Scratch, se vos propón realizar un recurso interactivo para expor o voso traballo. O obxecto resultante está a medio camiño entre unha presentación e un vídeo.
O Scratch interactivo explicará o voso tema coa axuda dos vosos avatares que exercerán o papel de presentadores ou protagonistas da vosa historia. As imaxes gardadas na presentación de Drive serviranvos agora de fondos ou escenarios sobre os que realizaredes as animacións oportunas. Empregaredes bocadillos de diálogo para as explicacións textuais, incluiredes pequenos clips de audio para explicacións orais, haberá un gif animado (Scratch no admite vídeos) inserido nalgún punto e, o interactivo, preguntas para que o usuario resposte (cando menos unha deberá conter a resposta no xa visionado do interactivo e outra na que internet sexa preciso para atopar a resposta, en ambos casos será necesario respostar correctamente para seguir o interactivo).
REABERTO ATA O 09/06/2023 con desconto do 20%