Ir ao contido principal
AV
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. TD1_22
  3. 1ª Avaliación
  4. Tarefa 3: Actualización do perfil na Aula Virtual (AV). 100 ptos. 8/10/2022.

Tarefa 3: Actualización do perfil na Aula Virtual (AV). 100 ptos. 8/10/2022.

Requisitos do completado
Recibir unha cualificación
Abertas: xoves, 8 de setembro de 2022, 12:00 AM
Pendente: sábado, 8 de outubro de 2022, 11:59 PM

Actualiza o teu perfil da Aula Virtual (axuda en MEDIATECA, lateral esquerdo da AV, ou  neste vídeo).

  • Foto actual en primeiro plano. 
  • Nome e Apelidos correctamente escritos (maiúsculas, tiles, ...) 
  • Correo de iesblancoamor (imprescindible telo e saberse o usuario e contrasinal en todo momento). 
  • Curso e Grupo no que estás.
  • Usuario Scratch.
  • Usuario Agueiro.
  • Usuario Biblioteca digital.

Cando remates copia a url do teu perfil (a dirección da pantalla onde se vexa todo o anterior), preme embaixo en "Editar mi envío", na caixa de texto escribe o que pretendes enviar e cando o fagas preme en "Enviar".

A túa entrega será similar a esto:

A url do meu perfil é ésta: https://centros.edu.xunta.gal/iesblancoamorculleredo/aulavirtual/user/profile.php?id=38

Fixácheste que ocorre cando pasas o rato sobre o enlace? esa é a mensaxe de accesibilidade e telo explicado ao final desta tarefa.

Criterios de Cualificación:

  • Esta tarefa ten unha cualificación de 100 ptos segundo os seguintes criterios:
  • Foto de perfil, ata 40 ptos:
    • Foto próxima e clara do rostro, claramente recoñecible, 40 ptos. 
    • Foto da persoa pero que non cumpre todas as características anteriores, 20 ptos.
    • Foto calquera, 10 ptos.
  • Nome, Apelidos, Curso, Grupo,  20 ptos.
  • Correo electrónico iesblancoamor, usuario Scratch, Agueiro y Biblioteca Digital, 20 ptos.
  • Envío segundo o indicado (presentación e URL longa enlazada que abra en xanela nova), 20 ptos.

A cualificación máxima obterase entregando correctamente a tarefa antes das 23:59 do día sinalado no título da tarefa.

As entregas posteriores terán un desconto do 10% semanal en concepto de entrega fora de prazo ata un máximo do 40%.

As entregas posteriores á primeira cualificación do profesor (máximo 3) para corrixir ou mellorar nota terán un desconto do 10% en concepto de axuda do profesor. 

 

 

Consello:

Unha vez enviado volves ao enunciado da tarefa e embaixo da mesma verás o que enviache e o mesmo que verei eu, comproba que funciona o enlace e que non esqueciche nada, se non fose así volve a editalo.


Titorial: Como facer un bo enlace.

  • Selecciona o texto que queres que sexa un enlace a outro sitio.
  • Clica na icona das cadeas (Enlace)
  • Na xanela que se abre:
    • "URL del hipervínculo", dirección á que queremos ir cando cliquemos no texto (que se volverá azul).
    • Clica para escoller "Abrir en una ventana nueva", deste xeito abrirase o enlace nunha nova lapela do navegador e manteremos aberta na que estamos.
  • Remátase clicando en "Crear enlace".


Comprobación para novos usuarios do Aula Virtual.
  • Abre o despregable situado á dereita da túa foto de perfil, arriba a dereita do marco da Aula Virtual.
  • Escolle "Preferencias"
  • En "Cuenta de usuario" preme en "Configuración del editor".
  • Comproba que o "Editor de texto" sexa: "Editor TinyMCE HTML", se non estivese este, desprega as opcións, escólleo e garda cambios.

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle