Tarefa 5: Crea o teu AVATAR. 100 ptos. REABERTO ATA O 09/06/2023.
Creade, por equipos, a vosa personaxe que será, en lugar do gato de Scratch, o protagonista das vosas historias.
Debedes visionar os videotitoriais da páxina "Debuxando con Scratch" desta Aula Virtual.
Cada parella ten asignado un tema de investigación téxtil e a vosa personaxe ou Avatar debe estar relacionada co tema xeral ou o de investigación.
Condicións:
- Realizado en Modo Vectorial (xa ven por defecto en Scratch 3.0).
- Rematade a personaxe e centrar os eixos antes de facer as copias do disfrace para as variacións (cada disfrazar debe ter un nome).
- Debe contar cun mínimo de dous disfraces para simular o movemento.
- O aspecto e nome da personaxe terán relación co téxtil ou co voso tema de investigación.
Programación:
- Que se sitúe en x=-200 y=-50 ao comezar o xogo e diga o seu nome durante 2 segundos.
- Que se mova perseguindo o cursor do rato. Que ao moverse vaia cambiando de disfrace para simular movemento pero sen xirar sobre si mesmo nin moverse do revés. (Por sempre -bucle-)
- Que pare cando chega ao cursor do rato. (Si -condicional-)
- Que sega a moverse cando movemos o rato de novo. (Si / Si no -condicional doble-) Pista: "Esperar hasta que..."
- Se chegachedes hasta aquí, poderíades facer que cando a personaxe toque o cursor do rato cambie de cor, de expresión, ou algo así.
Edita o Scratch do seguinte xeito:
- O título será o nome da personaxe.
- En instrucións indicaredes: "Deseño do meu Avatar e que persegue ao cursor do rato".
- Créditos: Idea orixinal de Nome Apelido de Tecnoloxía e Dixitalización 1.
Envía nesta tarefa o enlace hiperligado ao Scratch realizado, cada un ao seu.
- Copia a URL da ventana na que aparece o xogo, as instrucións e créditos, ten unha estrutura similar a https://scratch.mit.edu/projects/233245974/
- Entra nesta tarefa, clica en "Editar mi envío" e escribe: "NOME" é o Avatar de Nome Apelido de Curso/Grupo.
- Selecciona "NOME", clica nas cadeas (Enlace), na caixa de texto cola a URL copiada, selecciona "Abrir en una ventana nueva" e remata clicando en "Cear enlace".
- Clica en "Enviar".
- Comproba que o enviado cumple todos os requisitos e que o enlace funciona.
Criterios de cualificación se a persoaxe está realizada en modo vector:
- Ten disfraces de movemento (10 ptos) co eixo no mesmo sitio (10 ptos).
- Aparece situado nas coordenadas solicitadas e preséntase durante 2 segundos. 10 ptos.
- Explícanos, a personaxe, o porqué do seu deseño. 10 ptos.
- Segue ao cursor logo de presentarse (5 ptos), permanece quieto cando o alcanza (5 ptos) e volve a seguilo cando moves o rato (5 ptos).
- Creatividade: cambio de cor ou expresión cando alcanza ao cursor. 10 ptos.
- Envío da tarefa segundo instrucións. 10 ptos.
- Scratch con título, instrucións e créditos. 15 ptos.
A cualificación máxima obterase entregando correctamente a tarefa antes das 23:59 do día sinalado no título da tarefa.
As entregas posteriores terán un desconto do 10% semanal en concepto de entrega fora de prazo ata un máximo do 40%.
As entregas posteriores á primeira cualificación do profesor (máximo 3) para corrixir ou mellorar nota terán un desconto do 10% en concepto de axuda do profesor.
Consello:
Unha vez enviado volves ao enunciado da tarefa e embaixo da mesma verás o que enviache e o mesmo que verei eu, comproba que funciona o enlace e que non esqueciche nada, se non fose así volve a editalo.
Titorial: Como facer un bo enlace.
- Selecciona o texto que queres que sexa un enlace a outro sitio.
- Clica na icona das cadeas (Enlace)
- Na xanela que se abre:
- "URL del hipervínculo", dirección á que queremos ir cando cliquemos no texto (que se volverá azul).
- Clica para escoller "Abrir en una ventana nueva", deste xeito abrirase o enlace nunha nova lapela do navegador e manteremos aberta na que estamos.
- Remátase clicando en "Crear enlace".
- Abre o despregable situado á dereita da túa foto de perfil, arriba a dereita do marco da Aula Virtual.
- Escolle "Preferencias"
- En "Cuenta de usuario" preme en "Configuración del editor".
- Comproba que o "Editor de texto" sexa: "Editor TinyMCE HTML", se non estivese este, desprega as opcións, escólleo e garda cambios.
Debuxando con Scratch. Videotitoriais.
Nesta páxina imos recompilar unha serie de videotitoriais relacionados coa creación de personaxes e escenarios en Scratch. Centrarémonos máis na creación artística que na programación.
Halloween con Scratch: Pinta y programa una araña, por Programamos con licencia YouTube estándar.
Halloween con Scratch: Pinta y programa un murciélago, por Programamos con licencia YouTube estándar.
Halloween con Scratch: Pinta y programa un fantasma, por Programamos con licencia YouTube estándar.
"Te mostramos cómo puedes hacer uso de la herramienta dibujo y utilizar el modo vectorial para crear unos ojos. Además los programamos para darles vida."
Dibujar y animar ojos con Scratch, por Programamos con licencia YouTube estándar.
"En este videotutorial te mostramos cómo puedes crear tus propias animaciones con Scratch, haciendo uso de la herramienta de dibujo para crear distintos disfraces, así como programando el objeto para que muestre la animación."
Crear animaciones con Scratch, por Programamos con licencia YouTube estándar.
REABERTO ATA O 09/06/2023 con desconto do 20%