Salta al contenido principal
AV
  • Página Principal
  • Calendario
  • Más
Español - Internacional ‎(es)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
En este momento está usando el acceso para invitados
Acceder
AV
Página Principal Calendario
Expandir todo Colapsar todo
  1. Área personal
  2. TD1_22
  3. 1ª Avaliación
  4. Tarefa 6. Deseño de Personaxes. Animación e Interacións. 100 ptos. REABERTO ATA O 09/06/2023.

Tarefa 6. Deseño de Personaxes. Animación e Interacións. 100 ptos. REABERTO ATA O 09/06/2023.

Requisitos de finalización
Recibir una calificación
Apertura: lunes, 8 de agosto de 2022, 00:00
Cierre: sábado, 12 de noviembre de 2022, 23:59

Neste primeiro xogo debedes programar personaxes (Avatar relacionado co mundo textil) e escenarios de xeito que se cumpran as seguintes condicións:

  • Un dos vosos Avatares moverase segundo o usuario manexe as teclas de dirección mudando de disfrace para simular o movemento.
  • O outro dos vosos Avatares moverase de xeito aleatorio.
  • O meu Avatar, Neo, estará presente e perseguirá ao teu, ao que se controla coas teclas de dirección (tamén deberá simular movemento ao trasladarse).
  • Programaredes algún cambio de escenario ou disfrace cando haxa algunha interacción entre os obxectos.
  • Todas as interaccións faranse con envío e recepción de mensaxes.
Envío do proxecto:

Cada quen envía nesta tarefa un texto similar a este coa correspondente personalización (pero sen o resaltado, co texto sinxelo e sen negritas):

Neste enlace (enlace ao xogo na túa conta persoal de Scratch) atoparás o xogo titulado "Nome e Nome investigarán sobre ..." (eiquí figura o tema da vosa investigación), realizado por Nome Apelido de Curso/Grupo e a miña parella Nome Apelido.

Permítense as reinvencións sempre e cando a copia sexa da parella e figure nos créditos.

Criteros de avaliación. 100 ptos:
  • Texto de envío axeitado co enlace que abre en xanela nova. (10 ptos).
  • Descripción do xogo: instrucións e créditos (autor e recoñecemento aos autores dos avatares empregados). (20 ptos).
  • Xogo:
    • Personaxes vectoriais con cambio de disfraces e movemento solicitado. (3 x 10 ptos)
    • Interacción dos avatares con cambio de escenario e/ou disfraces mediante mensaxes. (30 ptos).
    • Creatividade: 10 puntos para achegas non incluídas nas esixencias anteriores.

A cualificación máxima obterase entregando correctamente a tarefa antes das 23:59 do día sinalado no título da tarefa.

As entregas posteriores terán un desconto do 10% semanal en concepto de entrega fora de prazo ata un máximo do 40%.

As entregas posteriores á primeira cualificación do profesor (máximo 3) para corrixir ou mellorar nota terán un desconto do 10% en concepto de axuda do profesor. 

Consello:

Unha vez enviado volves ao enunciado da tarefa e embaixo da mesma verás o que enviache e o mesmo que verei eu, comproba que funciona o enlace e que non esqueciche nada, se non fose así volve a editalo.


Titorial: Como facer un bo enlace.

  • Selecciona o texto que queres que sexa un enlace a outro sitio.
  • Clica na icona das cadeas (Enlace)
  • Na xanela que se abre:
    • "URL del hipervínculo", dirección á que queremos ir cando cliquemos no texto (que se volverá azul).
    • Clica para escoller "Abrir en una ventana nueva", deste xeito abrirase o enlace nunha nova lapela do navegador e manteremos aberta na que estamos.
  • Remátase clicando en "Crear enlace".


Comprobación para novos usuarios do Aula Virtual.
  • Abre o despregable situado á dereita da túa foto de perfil, arriba a dereita do marco da Aula Virtual.
  • Escolle "Preferencias"
  • En "Cuenta de usuario" preme en "Configuración del editor".
  • Comproba que o "Editor de texto" sexa: "Editor TinyMCE HTML", se non estivese este, desprega as opcións, escólleo e garda cambios.

REABERTO ATA O 09/06/2023 con desconto do 20%.

 

En este momento está usando el acceso para invitados (Acceder)
Resumen de retención de datos
Políticas
Descargar la app para dispositivos móviles
Desarrollado por Moodle