Section outline

  • IDENTIDADE DIXITAL E SEGURIDADE NA REDE


    • GOOGLE +


      G+Seguro que estades a cotío nas redes sociais aínda que creo que non coñecedes Google +, ou polo menos non o suficiente. Síntoo pero será a rede social que máis empreguemos neste curso. Espero que vos guste.

    • OS CÍRCULOS DE GOOGLE



      Os círculos de Google son moi parecidos a Twitter, a través deles seguimos a persoas que soen publicar cousas do noso interese ou podemos enviarlles información ou correos sen escribir todas as direcións, só selecionamos o círculo.
      Como todo o de Google as súas ferramentas están interrelacionadas e cando recibimos un correo ou temos unha chea de contactos podemos clasificalos por círculos ou grupos (compañeiros de aula, amigos, familia, profesores, informática, 4ºC, etc.) o que nos facilita unha certa orde e comunicación con eles.
      Neste tema imos ordear o correo e os círculos.
      En breve recibiredes na vosa conta persoal de Gmail un correo no que Angel (accionangel@gmail.com) vos engadiu a Google+, seguide o seguinte titorial para incorporalo a un dos vosos círculos que teredes que crear.
      Titorial: Círculos_G+_01
      Posteriormente recibiredes un correo de Angel con instrucións para que teñades nun grupo os enderezos dos vosos compañeiros de grupo-aula e tamén nun círculo.
      Titorial: Círculos_G+_02


    • #HAGSTAGS RECOMENDADOS


      #inforeba
      #biblioeba
      #eba_tecno
      #eba_ipee
    • CONCURSO DE CUÑAS RADIOFÓNICAS E TWITS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


      Participantes: alumnos de 4º da ESO
      Premio á mellor cuña: 1 Tablet (participación individual, por parellas ou por tríos)
      Premio ao mellor Tuit: 1 Tablet (participación individual)
      Os premios serán entregados no IESEBA o 25 de novembre nun acto público.

      • Condicións para o Tuit.
      Debe incluir o hahstag #culleredopolobotrato (21 caracteres), co que o resto do texto (incluidos os espacios) deben sumar menos de 119 caracteres.

      • Condicións para a cuña radiofónica.
      Duración máxima 40 segundos (recomendamos que teña entre 30 e 35 sg).
      Formato mp3.
      Pode incluir unha banda sonora de fondo (lóxicamente será instrumental e libre de dereitos de autor - recomendamos ir a Jamendo e atopar alí o fondo musical axeitado)
      Dada a premura o recomendable sería grabar a mensaxe no móbil mentras a música soa de fondo no ordenador aínda que o ideal sería que editásedes o audio cun programa específico como Audacity ou, parece ser que tamén, Picasa.