Section outline

  • Agora que xa coñecedes as ferramentas de traballo e a dinámica do curso comeza a fase máis creativa, onde os RETOS propostos non teñen unha solución concreta senon que será a vosa imaxinación a que vos indique o que facer, e será o traballo de programación en euipo o que o desenvolverá.

    Neste momento incorporamos recursos alleos ás nosas producións e temos que saber que podemos empregar para respectar os Derechos de Autor y la Propiedad Intelectual referenciando axeitadamente. Coñeceremos as Licencias Creative Commons e licenciaremos as nosas creacións con CC-BY.

    Comenzaremos cunha historia de labirintos e logo unha sobre CULLEREDO. Polo de pronto votádelle un ollo ao capítulo 7 do seguinte libro Videotitoriais SCRATCH. ou ao capítulo Laberinto do Recurso de eXeLearning Taller de Programación con Scratch.

    Programa do trimestre:

    • Laberintos. 200 ptos. 21 de xaneiro.
    • Descubrir CULLEREDO. Planificación. 50 ptos. 4 de febreiro.
    • FORO Redes Sociais e Identidade Dixital. 100 ptos. 11 de febreiro.
    • Vacacións de Entroido: do 10 ao 14 de febreiro.
    • Descubir CULLEREDO. O xogo. 150 ptos. 4 de marzo. Vacacións de Semana Santa desde o 24 de marzo ao 2 de abril.
    • NON SE AVALIARÁ NADA REALIZADO OU ENVIADO LOGO DO 11 DE ABRIL.

    ENLACES RECOMENDADOS: Estudios ieseba16_laberintos e ieseba16_Culleredo.

    • Colección de listas de reprodución sobre Scratch.

    • Estades en 2º da ESO e moi posiblemente todos vós teñades un smartphone. Con él teredes acceso a internet en todo momento a través dun plan de datos ou ben en determinados lugares que teñan WiFi. Lembrade que hai redes WiFi privadas e seguras con contrasinal como a da vosa casa ou públicas, con ou sen contrasinal, onde debedes ter máis coidado.

      Unha vez dado o paso anterior o seguinte, tarde ou cedo, será o emprego das Redes Sociais. A realidade é que a maioría experimentará sen o apoio/consello dun adulto que, aínda que non sexa un experto nas mesmas, si tería o xuízo e sentido común que da a experiencia dos anos. Tanto se contades con ese apoio coma se non, convén ter unha información básica, tanto no relativo aos riscos como ás implicacións futuras do que realicemos nelas.

      Adolescentes y Redes Sociales from Roberto Monseco Montes on Vimeo. (1)

      Foro de preguntas e respostas no que non verás as intervencións dos compañeiros mentras non realices a túa.

      Logo de lido e visionado todo o anterior, vai á miña intervención e resposta seguindo as instrucións alí detalladas..

      Cualificación máxima 50 ptos para una intervención mínima de 400 palabras (40 ptos) e 2 enlaces (10 ptos). A reflexión deberá tocar os 7 recursos sinalados entre paréntesis.

      Tempo estimado de documentación: 50 minutos. Lectura da presentación e da intervención, vídeos (27 minutos en total), 2 artigos de prensa dixital e 1 infografía.

      Este é un Foro de Preguntas e Respostas no que non verás as reflexións dos teus compañeiros ata que non teñas feita a túa. Lembra que despois de enviada só tes 30 minutos para editala e corrixir algo.

      Para responder:

      • Clica en "Responder" logo de ler a miña intervención.
      • COMEZA SAUDANDO AO PROFESOR/A.
      • Unha vez termines, deixa o modo de Subscripción tal e como está, "No deseo recibir suscripciones ...", e clica no botón "Enviar al foro".