Ir ao contido principal
AV
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. Pro17
  3. 2ª AVALIACIÓN.
  4. Descubrir CULLEREDO. Planificación. 50 ptos. Data de entrega: 4 febreiro.

Descubrir CULLEREDO. Planificación. 50 ptos. Data de entrega: 4 febreiro.

Requisitos do completado
Abertas: domingo, 7 de xaneiro de 2018, 12:00 AM
Pendente: domingo, 4 de febreiro de 2018, 11:55 PM

Tarefa de entrega individual e traballo por parellas para entregar antes do 4 de febreiro. O día 11 de febreiro péchase o Aula Virtual.

Nesta tarefa individual recollerás ideas sobre o teu novo Scratch, comeza indicando con quen farás parella e de que cursos sodes.

A continuación comparte o tema sobre o que traballarás e como pensas desenvolver o xogo.

Lembra que debe haber interacción co xogador (preguntas-respostas, xogos, ...) ao mesmo tempo que lle facilitas información (mediante diálogos entre personaxes ou directamente, ...) e non esquezas que debe haber un marcador (puntos, vidas, nivéis acadados, ...). Sería interesante que incorporásedes fotos da vosa colleita (feitas co móbil, por suposto).

O 5 de febreiro veremos todas as vosas ideas e comezaredes a documentarvos e traballar nos fondos, personaxes, programas, ...

Criterios de cualificación (50 ptos):

  • Título e autores do novo xogo.
  • Tema do xogo: lugares, igrexas, monumentos, deportes, centros educativos, bibliotecas, turismo, ... 
  • Personaxes que participan.
  • Desenvolvemento do xogo tendo en conta o tema escollido, como van ser os escenarios, que faran as personaxes, como intervén o usuario ou xogador, que tipo de marcador vai ter, será tipo historia narrada ou xogo, ...
  • Corrección na expresión: emprego de párrafos por temas, frases curtas e ben estruturadas (non se admitirán textos telegráficos), sen faltas ortográficas. Extensión mínima 200 palabras.
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle