RECORDATORIO TAREFAS PLÁSTICA

RECORDATORIO TAREFAS PLÁSTICA

por Pablo Benito Sánchez Corral -
Número de respostas: 0

Bo día alumnado de 1º C. Como saberedes existen unhas actividades que se suben semanalmente a Aula Virtual do centro. 
Facer estas actividades conta como traballo da 3ª Avaliación.

Según a revisión da programación didáctica pedida por inspección, a nota final do curso, será a media entre a 1ª e a 2ª avaliacións, sumándolle ata 1 punto máis polas actividades a distancia.

Tamén hai que ter en conta as recuperacións das avaliacións anteriores, contando con que o material proposto é un repaso destas, tamén se recuperan as avaliacións anteriores. Podendo subir tamén as notas das mesmas.

Por eso ter en conta que é moi doado subir a nota facendo unhas poucas actividades entretidas, que por outra banda vos están entrenando a vosa visión espacial...e capacidades manuais...non deixedes de facer sempre algún traballo manual, a mente se entrena con eles!!!

Podedes ver as tarefas de plástica entrando na aula virtual, no seguinte enderezo:

https://centros.edu.xunta.gal/iesbasantasilva/aulavirtual/course/view.php?id=227

Tamén elaboramos un BLOG onde imos subindo actividades do curso para velas dun xeito extendido e tamén, vou ir subindo algún dos vosos traballos para que os vexades en grupo:

https://sacodearte.wordpress.com/

E
spero que vos guste e desfrutedes facendo os traballos, porque eso é o máis importante: facelos con diversión.

Enviade os traballos ó enderezo: plasticabasanta@gmail.com

Saúdos e ánimos a todos. Espero vervos pronto.

Pablo Sánchez.