Bo día alumnado de 1º C. Como saberedes existen unhas actividades que se suben semanalmente a Aula Virtual do centro.
Facer estas actividades conta como traballo da 3ª Avaliación.
Según a revisión da programación didáctica pedida por inspección, a nota final do curso, será a media entre a 1ª e a 2ª avaliacións, sumándolle ata 1 punto máis polas actividades a distancia.
Tamén hai que ter en conta as recuperacións das avaliacións anteriores, contando con que o material proposto é un repaso destas, tamén se recuperan as avaliacións anteriores. Podendo subir tamén as notas das mesmas.
Por eso ter en conta que é moi doado subir a nota facendo unhas poucas actividades entretidas, que por outra banda vos están entrenando a vosa visión espacial...e capacidades manuais...non deixedes de facer sempre algún traballo manual, a mente se entrena con eles!!!
Podedes ver as tarefas de plástica entrando na aula virtual, no seguinte enderezo:
https://centros.edu.xunta.gal/iesbasantasilva/aulavirtual/course/view.php?id=227
Tamén elaboramos un BLOG onde imos subindo actividades do curso para velas dun xeito extendido e tamén, vou ir subindo algún dos vosos traballos para que os vexades en grupo:
https://sacodearte.wordpress.com/
Espero que vos guste e desfrutedes facendo os traballos, porque eso é o máis importante: facelos con diversión.
Enviade os traballos ó enderezo: plasticabasanta@gmail.com
Saúdos e ánimos a todos. Espero vervos pronto.
Pablo Sánchez.