Section outline


  • As primeiras actividades plásticas e artísticas están pensadas para desfrutar estando en casa, pero tamén para ir adquirindo de xeito entretido as competencias básicas da materia de EPVA.

    Non só como un traballo se non como algo que é parte de nos. Debuxar significa relacionarnos co medio físico e o espazo, expresarnos.

    A  EXPRESIÓN VISUAL e AUDIOVISUAL, serven para saber manexarnos nun mundo dominado polo uso excesivo de imaxes a través dos máis diversos medios.

    Estes materiais serven para todos os cursos de 1º da ESO, tanto dos impartidos por Irene como os de Pablo. 

    O xefe de Departamento

  • Continuación dos traballos de clase:

    Traballo no que tes que realizar algún animal inventado, usando formas xeométricas sinxelas, como círculos, cadrados, triángulos, óvalos ou rectángulos.


    ssssss

    Intenta divertirte imaxinando animáis sinxelos e facendo formas básicas. Logo podes ir complicándoo, sombrear e colorear.

    Non precisas ter o BLOC de clase, intenta conseguir láminas e se non podes, sirve un folio calquera, o caso é practicar.

    Ánimo.

    • Aquí tes un par de exemplos de como usar formas básicas.

      Utiliza un papel calquera e podes facelo a lápiz primeiro.

    • Estes son modelos básicos de como empezar unha figura con formas xeométricas.

      Podes descargar a imaxe co botón dereito.

  • XOGANDO COAS PLANTILLAS DE REGRAS.

    Tanto a escadra como o cartabón. Podemos conseguir grandes logros con eles.

    Plantexando tarefas sinxelas nas que xogando con elas podemos chegar a completar debuxos interesantes.

    Usando sempre formas xeométricas.

    EXERCICIO DE PUNTO DE PARTIDA.


    A partir do uso da escuadra e o cartabón poderemos facer as paralelas no lateral da casa como se explicou na clase:


    ASPECTO QUE TEN QUE IR TOMANDO A IMAXE:

    Hai que fixarse e saber de que liña temos que facer as paralelas, cada liña ten as súas propias. paralelas.

    Tamén existen liñas máis libres coma as da árbore ou as formas dos arbustos.

    DDDD 

  • POLÍGONOS ESTRELADOS, Fichas imprimíbles en pdf, para que practiques as formas de polígonos estrelados.

    • Polígonos estrelados a partir de esquemas sinxelos.

      Tamén para facer con compás, se non o tes podes sustituir con un clip ou unha regra que teña onde meter o lapis.

  • REPASO POLÍGONOS

    Nesta parte inclúo dous exercicios nunha plataforma online, na que podedes ver os exercicios como se realizan.

    Tedes que ter "flash" activado no voso ordenador, a ver si os podedes ver si non comunicarse conmigo.

    Son dous exercicios xa vistos, o triángulo equilátero a partir dunha medida:

    E o cadrado regular a partir dunha medida tamén, que ten dúas partes.:

    1. Facemos unha perpendicular polo extremo do segmento.
    2. Rematamos de facer o cadrado.
    • Primeira parte para construir o cadrado

    • Parte final de como facer o cadrado

    • Modelo do cadrado a partir da animación.

      Se non tes un compás, podes usar outros recursos, como usar só unha regra e intentar facer a perpendicular a ollo.

      Logo completar o mellor posible.

  • DEBUXO APLICANDO FORMAS

    Neste tema podemos ver como aplicamos as formas xeométricas para debuxar espazos ou obxectos.

    Cubos

    Logo podemos empregar a nosa imaxinación para crear os espazos que queramos. Non necesariamente como están no exemplo seguinte:

    Formas tridimensionáis

    Engadir sombras, cores, detalles e persoas ou animáis...

    • Nestas imaxes podes ver como se aplican cadrados e triángulos para facer formas tridimensionais.

      Se pode facer a man alzada ou usando regras, como te sexa máis cómodo.

    • Aquí podes ver que con poucos recursos, e uns poucos detalles podes facer formas máis complexas

      O importante é ter a base clara e ben feita.

      ANIMO! E fai moitas probas...

  • Highlighted

    TRABALLOS 3ª AVALIACIÓN.

    REALIZACIÓN DA ÁRBORE DE PRINCIPIO DE CURSO.

    As árbore simbolizan a forza da natureza e o crecemento, tamén serven de simboloxía da nosa conexión con ela. Cada un de nos debuxa as árbores segundo a súa personalidade.

    FACEMOS UN REPASO DAS PRÁCTICAS DO COMEZO PASO A PASO, NAS SEGUINTES IMAXES:

    liñas

    HHHJKG

    22222

    FFFFF

    Logo de pintar o fondo faríamos a árbore con un só trazo , dende abaixo cara arriba indo de máis ancho a máis estreito, e así con cada pola da árbore.

    AAAAAAAAAAAAA

    Primeiro pintamos a árbore de xeito fluído intentando facer liñas de máis ancho a menos, replicando o crecemento das polas. A pintura debe estar máis tirando a fluída que a densa. A cor non ten porque importar.

    En segundo lugar pintamos a copa da árbore, pintando follas como se fose unha nube o redor das polas máis finas. Realizamos un exercicio de densidade e acumulación de manchas. A pintura ten que estar tirando a espesa, sen estar seca.


    ÁRBORE DE PAPEL. Esta é outra práctica que faremos máis adiante...ou pode que non .

    Traballo de texturas e volume.

    No seguinte enlace https://sacodearte.wordpress.com/2020/05/01/arbol-de-papel/ podedes atopar unha tarefa diferente.

    Imaxe de cerca da árbore

    Tratase dun exercicio para utilizar poucos materiais e ter un gran resultado, tamén podemos aplica-lo a un montón de traballos. como facer un conto ou algo decorartivo.

    Logo de facer a árbore e detallar o fondo podemos, facer animáis con cartón ou papel, para ir engadindo.

    Detalle raposo

    Espero que te resulte doado, se non podes facerme todas as preguntas que queirades.

  • EXERCICIOS PARA A 3ª AVALIACIÓN.

    O DEBUXO DO CORPO HUMANO.

    Unha tarefa que pode parecer complexa e sempre fai que nos bloqueemos, pode chegar a resultar sinxela si aplicamos uns pequenos trucos básicos:

    • Usar formas xeométricas de base.
    • Intentar proporcionar as distintas partes.
    • Ir pouco a pouco a pouco.

    Imaxe do corpo humano

    • Seguindo co debuxo basado en formas xeométricas sinxelas, podemos introducirnos no debuxo do corpo.

      Pode que nun principio poda parecer complicado, pero temos varios niveles:

      • Podes facer as formas básicas.
      • Tamén imprimir e debuxar por encima das que xa están feitas.
      • Podes facer todo o proceso nunha cartolina nova.

      Cara o final engadir o que che pareza: diferentes formas, poñerlles aas de volboreta, etc.

      Canto máis se proba mellor vai saíndo...

      ÁNIMO!!

  • Traballando coas cores.

    Como non tivemos moito tempo a traballar coas cores, vos envío un pequeno vídeo para repasar as misturas.

    Podedes probar con outros materiais se non tedes os pinceis, nin acuarelas. Pódese facer misturando ceras.

    O que sí é importante, é ver a relación entre as cores primarias e aprender a usalas.

    Bueno ahí tedes o vídeo, como non o editei é un pouco longo. Podedes velo en you tube, e pasalo rápido.

    Eu utilicei un papel de acuarela, si tedes láminas correntes utilizade pouca auga, e como dixen se non probade con ceras.

    Espero que se entenda ben.

  • Seguimos co traballo sobre cores e as súas misturas.

    Vos presento un proxecto un pouco máis elaborado, co que se pode pasar moi ben tamén..

    Espero que o desfrutedes, calquer dúbida podedes preguntar.

    Saúdos.

  • Imos ver como podemos ir integrando a pintura con pincel na práctica educativa.

    Temos varios exemplos visuais de como facelo. Os pasos básicos son os seguintes:

    • PINTURA DE FONDO. Papel mollado, pintura aguada, deixamos que se expanda, pincel groso.
    • PINTURA DE LIÑA. ÁRBORE. Pintura fluída, pincel medio. Pasar de groso a fino e biceversa.
    • PINTURA DE MANCHA. FOLLAS, Pintura pastosa, pincel medio-fino. Manchamos con distintos tonos.
    • PINTURA DE TEXTURA. HERVA. Técnica de pincel seco, pintura pastosa-seca. deixamos que o pincel se desfaga. Pincel vello ou usado.

    IMAXES:

    cielo