Topic 6
Section outline
-
Destacado
TRABALLOS 3ª AVALIACIÓN.
REALIZACIÓN DA ÁRBORE DE PRINCIPIO DE CURSO.
As árbore simbolizan a forza da natureza e o crecemento, tamén serven de simboloxía da nosa conexión con ela. Cada un de nos debuxa as árbores segundo a súa personalidade.
FACEMOS UN REPASO DAS PRÁCTICAS DO COMEZO PASO A PASO, NAS SEGUINTES IMAXES:




Logo de pintar o fondo faríamos a árbore con un só trazo , dende abaixo cara arriba indo de máis ancho a máis estreito, e así con cada pola da árbore.

Primeiro pintamos a árbore de xeito fluído intentando facer liñas de máis ancho a menos, replicando o crecemento das polas. A pintura debe estar máis tirando a fluída que a densa. A cor non ten porque importar.
En segundo lugar pintamos a copa da árbore, pintando follas como se fose unha nube o redor das polas máis finas. Realizamos un exercicio de densidade e acumulación de manchas. A pintura ten que estar tirando a espesa, sen estar seca.
ÁRBORE DE PAPEL. Esta é outra práctica que faremos máis adiante...ou pode que non .
Traballo de texturas e volume.
No seguinte enlace https://sacodearte.wordpress.com/2020/05/01/arbol-de-papel/ podedes atopar unha tarefa diferente.

Tratase dun exercicio para utilizar poucos materiais e ter un gran resultado, tamén podemos aplica-lo a un montón de traballos. como facer un conto ou algo decorartivo.
Logo de facer a árbore e detallar o fondo podemos, facer animáis con cartón ou papel, para ir engadindo.

Espero que te resulte doado, se non podes facerme todas as preguntas que queirades.