Grumetes: Seguide estas instrucións
O final desta singradura está moi preto, e ansiamos contar ao mundo todo o que aprendemos!
Que vos parece facer un vídeo conxuntamente para presentarnos ao concurso Olloboi 2020?
Navegantes, esta é a última misión!:
responder a cada unha das preguntas que aparecen na actividade mediante unha gravación de video moi breve.
Coas vosas contestacións realizaremos un só video, o da nosa expedición! Podedes utilizar todo o que consideredes axeitado como complemento: debuxos, obxectos, a vosa voz ou a vosa imaxe…
Tende en conta que os arquivos non poden pesar moito. Para evitalo, acurtade o tempo; unha opción é o uso de Handbrake, que xa vén instalado nos vosos ordenadores Abalar.
A gravación do vídeo de cada resposta entrégase no apartado correspondente á pregunta.
Data límite de entrega: domingo, 7 de xuño.
Non ulides xa a fragancia da fama...?
