Outros conceptos de sociolingüística
Requisitos do completado
Aquí daremos a coñecer conceptos chave da sociolingüística á hora de poder analizar a realidade lingüística e social dos nosos día.
Todos os textos están tirados da Wikipedia
Todos os textos están tirados da Wikipedia
3. Tipoloxía de linguas: concepto de lingua
3.1. Lingua minoritaria e minorizada
Lingua minoritarias
Lingua minoritaria é aquela lingua que conta cun número reducido de falantes nun determinado territorio. Non confundir con lingua minorizada.
Linguas minorizadas
Lingua minorizada é aquela lingua á que se lle negan as condicións para poder desenvolverse con normalidade. Atópase nunha situación de inferioridade ao ver restrinxidos os seus usos públicos (medios de comunicación, administración de Xustiza, vida comercial, publicidade, ensino, burocracia, liturxia, etc.) e privados.
Graos de vitalidade
A vitalidade das linguas minorizadas presenta distintos graos:
- Linguas en proceso de normalización. Son as que estás a recuperar ámbitos sociais de uso. É o caso do francés no Quebec.
- Linguas en proceso de substitución. Son as que perden progresivamente ámbitos de uso e falantes. Por esta situación pasa o occitano en Francia ou a maioría das linguas aborixes en Australia.
- Linguas extinguidas. Son as que non teñen uso e que non contan con falantes con competencia lingüística nelas. Neste caso están o dálmata ou o hitita.
- Pódese contemplar outro tipo de linguas minorizadas. Son as que están vivindo simultaneamente procesos de normalización e substitución, isto é, gañan ámbitos de uso nunca antes desenvolvidos, mais perden falantes e debilítase o seu uso en contextos que lles foron exclusivos. Tal é o caso do galego.