Clima e paisaxe
Actividades humanas
O clima tamén determina en gran medida o tipo de actividades humanas que se poden desenvolver nunha rexión, e estas, a súa vez, son un elemento ou factor que condicionan a paisaxe.
As zonas de clima temperado e húmido son zonas de solos fértiles, por tanto nestas zonas hai unha forte actividade agrícola.

Nas grandes chairas, onde se desenvolven as herbas son zonas moi propicias para a gandería e tamén para a agricultura.




Cando a actividade agrícola xera grandes excedentes e a zona ten boas vías de comunicación natural (ríos, mar, canles..) establécense centros urbanos e industrias que van influír fortemente na paisaxe.


Ademais poden desenvolverse actividades turísticas que tamén condicionan a paisaxe, pois supón a construción de infraestruturas hoteleiras, apartamentos, instalacións deportivas...

