Clima e paisaxe

Sitio: Aula Virtual do IES do Barral
Curso: Paisaxe e relevo (Álvaro Groba)
Libro: Clima e paisaxe
Impreso por: Usuario convidado
Data: luns, 29 de decembro de 2025, 5:53 AM

Descrición

O clima é un factor que ten gran influencia na paisaxe dunha zona

Clima

O clima é o factor que ten máis influencia no tipo de paisaxe dunha zona, xa que determina moitos factores que conforman a paisaxe:
1.- Tipo de axente xeolóxico que actúa e, polo tanto, as formas do relevo.
2.- A metereoloxía dominante (ceos despexados, néboas...).
3.- A vexetación e a fauna.
4.- Tipos de actividades humanas (cultivos, industrias, explotacións gandeiras).

Tipo de axente xeolóxico

O clima determina o tipo de axente xeolóxico que actúa con máis eficacia, orixinando unhas determinadas formas de relevo.
Nos climas desérticos o axente xeolóxico que modela a relevo é o vento.
ggg

Nos climas fríos é o xeo o responsable da modelaxe do relevo
ddd

Nos climas húmidos, os ríos son os que dan forma ao relevo:

sss

Meteoroloxía

A meteoroloxía dunha zona, que está determinada polo clima dese lugar, condiciona a paisaxe que percibimos.
Paisaxe neveda:
ddd

Paisaxe húmida
ssss

Paisaxe con néboa:
dddd

Vexetación e fauna

O clima vai determinar o tipo de vexetación que se desenvolve nun lugar determinado. E a vextación, a súa vez, determina a fauna.

Asi nas zonas de clima mediterráneo (invernos suaves e veráns moi secos), a vexetación está adaptada a forte seca estival: perennifolia, de follas pequenas e cubertas de pelos, espiñas... As árbores representativas son a aciñeira, piñeiros, sobreiras, oliveiras e ciprés. Os arbustos son moi abundantes (romeo, xara, mirto, albedro...).

ss

aa

ss

Nas zonas con clima continental e precipitación concentradas nunha época do ano desenvólvense as pradeiras (pampa, estepa, sabana), nas que as especies vexetais predominantes son as herbáceas (gramíneas), e por tanto, son abundantes os grandes rabaños de herbívoros (cabalos, antílopes, gacelas...), os seus depredadores (lobo, coiote, leopardos...), roedores e réptiles.

xx

ddd

aaa

Nas zonas de clima temperado e húmido, a vexetación caracterítica son as árbores caducifolias (carballo, castiñeiros, faias, pradairos, amieiros, bidueiros).

aa

aa

Nas zonas moi frias, a vexetación e de crecemento moi baixo para protexerse do frío (musgos, liques) e a fauna é escasa (renos, caribús, lebres e raposos árticos..).

aa

ss

Se os verán son suaves, poden medrar as árbores, orixinando os bosques de coníferas (piñeiros, piceas, abetos) que presentan adaptacións aos ventos fríos e a neve (forma cónica, follas pequenas, aciculares, duras e enceradas...).

zz

zz

Nas rexións de clima cálido e seco (deserto), a vexetación é escasa, predominando os arbustos abertos, espaciados, con polas que medran próximas ao chan, follas pequenas, talos e follas acumulan auga.

sss

zz

Nas zonas de clima cálido e húmido a vexetación desenvólvese de xeito exuberante, orixinando o bosque tropical.

ss

zz

Actividades humanas

O clima tamén determina en gran medida o tipo de actividades humanas que se poden desenvolver nunha rexión, e estas, a súa vez, son un elemento ou factor que condicionan a paisaxe.
As zonas de clima temperado e húmido son zonas de solos fértiles, por tanto nestas zonas hai unha forte actividade agrícola.

a
Nas grandes chairas, onde se desenvolven as herbas son zonas moi propicias para a gandería e tamén para a agricultura.

za

Ganderíagandería
Cando a actividade agrícola xera grandes excedentes e a zona ten boas vías de comunicación natural (ríos, mar, canles..) establécense centros urbanos e industrias que van influír fortemente na paisaxe.

aaIndustrial

Ademais poden desenvolverse actividades turísticas que tamén condicionan a paisaxe, pois supón a construción de infraestruturas hoteleiras, apartamentos, instalacións deportivas...

TurísticaTurístico