O próximo luns, 06 de outubro de 2025 na primeira sesión do día, comeza A HORA DE LER PARA SECUNDARIA.
Queriamos achegar algunha información importante:
1.- A HORA DE LER só é UNHA SESIÓN SEMANAL para o alumnado de SECUNDARIA. Rótanse as horas cada semana e, por cuestións de calendario, hai semanas sen HORA DE LER.
2.- Detectamos un erro no calendario xa remitido. Engadimos aquí o corrixido. Non afecta ao seu inicio, pero sí a este mes.
3.- PROPOSTA LECTORA POLA PAZ PARA ESTE LUNS: O Departamento de Lingua Galega enviounos unha proposta lectora, para este luns 6 de outubro, dada a difícil situación que se está vivindo en varios países da nosa contorna. Trátase de ler poemas sobre a paz. Estaría ben lelos en alto, para o grupo, coa participación do alumnado e incluso do profesorado na aula. Poden ser proxectados nas Pizarras dixitais.
Facémosvos chegar a escolla de poemas. Se alguén os quere en papel, por favor, avisádenos (contestando a este correo) e enviaremos as copias a Conserxería para que dispoñades delas a primeira hora do luns.
Dende o Equipo de Biblioteca dámosvos as grazas a todo o profesorado por colaborar na Hora de Ler e, especialmente, á profesora Laura e ao Departamento de Lingua Galega pola escolla de poemas e esta acaída proposta.
Boa fin de semana a todos e todas.