O prazo para presentar as solicitudes de admisión en FP comezará o 23 de xuño ás 9:00h e rematará o 2 de xullo ás 13:00h.
Deberase cubrir unha única solicitude. En cada solicitude poderá optarse a catro opcións de centro, ciclo e quenda.
A solicitude realizarase utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp. A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para que sexa unha solicitude válida teña que ser entregada.