Semana do 06 ao 10 de xaneiro de 2025

Semana do 06 ao 10 de xaneiro de 2025

de Montserrat Rodríguez Paz -
Número de respuestas: 0

FELIZ 2025!!

Luns, 06 de xaneiro de 2025: FESTIVO. DÍA DE REIS. Que sexan moi xenerosos con todos e cada un de vós.

Xoves, 09 de xaneiro de 2025: Repasaremos o visto antes do Nadal sobre Feudalismo e a Alta e Baixa Idade Media e corrixiremos as tarefas realizadas o último día de clase (non as esquezades na casa).

Venres, 10 de xaneiro de 2025: Faremos unha liña do tempo no que situaremos os principais acontecementos que definen a Idade Media. Precisades unha regla, lapis, goma e cores. Non esquezades o material.

CONTIDOS PARA O EXAME DA PRÓXIMA SEMANA (luns, 13 de xaneiro toda a clase e 10 de xaneiro para Roi): Apuntamentos Alta e Baixa Idade Media,  Feudalismo (fotocopias e os explicados no taboleiro da clase) + todas as tarefas realizadas na clase. Non entra nada do libro.