Salta al contenido principal
IES AUGA DA LAXE
  • Página Principal
  • Calendario
  • Más
Español - Internacional ‎(es)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
En este momento está usando el acceso para invitados
Acceder
IES AUGA DA LAXE
Página Principal Calendario
Expandir todo Colapsar todo
  1. Área personal
  2. XeoHist2ESO
  3. Tema 2: A EUROPA FEUDAL
  4. 5.1.- O TAPIZ DE BAYEUX Averiguar ou Tapiz da raíña Matilde: O tesouro medieval.

5.1.- O TAPIZ DE BAYEUX Averiguar ou Tapiz da raíña Matilde: O tesouro medieval.

Requisitos de finalización
Apertura: sábado, 20 de febrero de 2021, 00:00
Cierre: sábado, 27 de febrero de 2021, 00:00

DATOS DO TAPIZ:

CRONOLOXÍA: Século XI

UBICACIÓN:  Dende os anos 80 do século XX no Museo da Tapisserie de Bayeux (Bayeux, Normandía, Francia).

TEMA: Narra os feitos previos á conquista normanda de Inglaterra, que rematou coa BATALLA DE HASTINGS (14 de outubro de 1066) entre o rei saxón Harold Godwinson e o duque Guillermo de Normandía. Ambos loitaban por sucecer, como rei de Inglaterra, ao falecido monarca Eduardo, o Confesor (Harold baseaba o seu dereito en ter sido elixido polo witan ou consello saxón. Guillermo era curmán materno de Eduardo e sobriño da que foi dúas veces raíña, Emma de Normandía.).

HISTORIA: Podería ser considerado o primeiro CÓMIC da historia. Aínda que é coñecido popularmente como TAPIZ DE BAYEUX (pola cidade francesa onde se atopa), trátase en realidade dun bordado en fío de lá sobre un tecido de liño. As súas medidas son sorprendentes: 70 m. de longo e 1/2 metro de ancho. Narra a conquista normanda de Inglaterra en 58 escenas, acompañadas dun texto en latín.

Debido ao seu indiscutible valor histórico, a UNESCO incluiu o tapiz de Bayeux no Rexistro da Memoria do Mundo, no 2007.

QUEN O FIXO ou QUEN O TECEU? Segundo a tradición francesa, a peza podería ter sido creada pola raíña Matilde, a muller de Guillermo o Conquistador, e as súas servas. A teoría máis extendida di que foi Odón, conde Kent, arcebispo de Bayeux e medio irmán de Guillermo para servir de ornamento á catedral de Bayeux o día da súa consagración, o 14 de xullo de 1077. O mesmo Odón aparece en varias escenas do tapiz (como sacerdote, guerreiro ou bispo de "báculo e ballesta")

CURIOSIDADES: No tapiz está tecida a Abadía de Westminster e o  Cometa Halley ("Isti mirant stella" = miran asombrados a estrela).. O punto co se que se confeccionou o tapiz chámase punto bayeux.

A actual raíña de Inglaterra, Isable II, é a monarca 40 na liña de reis inaugurada por Guillermo.

No ano 1804 Napoleón o levou a París, 1ª vez que saía de Bayeux (un ano antes do seu intento de conquistar Inglaterra). Durante a II Guerra Mundial foi sacado da súa cidade polo III Reich, sendo estudado por Herbert Jankuhn e exposto no Museo do Louvre, onde fóra protexido no 1944.

No ano 2018, Francia aceptou prestar o tapiz a Reino Unido no 2020. Quizais a COVID impediu o seu traslado, moi complexo polo seu tamaño e a súa delicadeza.

 

DOCUMENTACIÓN:

  1. O tapiz ONLINE metro a metro.
  2. Análise do tapiz: La Cámara del arte.
  3. O tapiz de Bayeux TRADUCIDO por alumnos do IES Pedro de Luna
  4. Información do Tapiz de Bayeux (por escenas) na WIKIPEDIA. + Banco de IMAXES
  5. Novela recomendada de Fernando Martínez Laínez: El Tapiz de Bayeux. Ed. PlanetaLector
  6. Ficha de Arel-Arte co análise do tapiz.
  7. Artigo ABC "Resuelto el enigmático origen del Tapiz de Bayeux", 30/10/2019.
  8. Artigo ABC: "El cometa Halley 'favoreció que los normandos ganaran la batalla de Hastigns", ano 2017
  9. Artigo na REVISTA "Arqueología, Historia y viajes"
 
TAREFA:
  1. Ficha "O paso do tempo" (anexo 1)
  2. Ficha "Identificación escenas seleccionadas do tapiz" (anexo 2) e escolla persoal doutra.

  • 1_Tapiz Bayeux_O paso do tempo.pdf 1_Tapiz Bayeux_O paso do tempo.pdf
    27 de julio de 2025, 22:05
  • 2_Tapiz Bayeux_Identifica as escenas.doc 2_Tapiz Bayeux_Identifica as escenas.doc
    27 de julio de 2025, 22:05
  • 2_Tapiz Bayeux_Identifica as escenas.pdf 2_Tapiz Bayeux_Identifica as escenas.pdf
    27 de julio de 2025, 22:05
En este momento está usando el acceso para invitados (Acceder)
Resumen de retención de datos
Políticas
Descargar la app para dispositivos móviles
Desarrollado por Moodle