Hora de ler OUTUBRO
Section outline
-
-
Anexo I: Listado de alumnado de 2º Bacharelato que irá á biblioteca en HORARIO LECTIVO
Anexo II: Calendario HORA DE LER
Anexo III: Listado de alumnado, por grupos, con nª de usuario.
Anexo IV: Proposta de actividades da Biblioteca para o curso 2024/2025
Anexo V: Texto inicial para a PRIMEIRA SESIÓN DA HORA DE LER.
Autor: Agustín Fernández Paz
Título: "Onde hai unha biblioteca hai unha luz"
Actividades: Incluidas no documento adxunto.
-
NIVEL: 3º e 4º ESO
TEMAS: Familia, privacidade, ELA, distintos tipos de familias e a importancia do rexistro civil das mesmas. Importancia de ler as noticias, sen quedarse cos titulares,
ASPECTOS A TRABALLAR:
1.- Que lles suxire o título, antes de ler o artigo.
2.- Lectura silenciosa do artigo en pequenos grupos ou parellas.
3.- Escoller, personalmente, unha palabra que lles suxire o artigo, logo da súa lectura. Nunha folla, de grupo, deben escribir a citada palabra (xunto ao seu nome)
4.- Comentar as principais ideas do texto en gran grupo.
5.- Preguntarlles se saben que é a ELA e que consecuencias ten.
6.- Alguén da clase coñece, entre a súa veciñanza, dalgunha situación que poda ser comparable coa narrada no texto.
-
Estimadas compañeiras e compañeiros!
Esta semana, o Equipo Directivo, propúxonos un apoio visual con Gaza, dando o noso OK a un real e efectivo proceso de PAZ.
Dende o Equipo de EDLG e Biblioteca queremos achegarvos algunhas posibles lecturas, para a Hora de Ler da próxima semana, continuando coa actividade en solidariedade co pobo palestino.
Achegámosvos:1.- Unha UD do sindicato CIG que ten, ao final , varios textos con actividades (son curtos e de diversos Xéneros Literarios).
2.- Un cómic GAZA-AMAL. Está impreso na biblioteca (haberá 10 exemplares). Son fotocopias mais están en formato cómic, de lectura doada.
3.- Tres coleccións de contos sinxelos sobre Gaza.Esperamos que sexan do voso interese e sirvan para traballar nas aulas co noso alumnado.
Saúdos.
Equipo de Biblioteca/EDLG
-