Axenda de tarefas

Tarefa para o próximo luns 5 de decembro.

Tarefa para o próximo luns 5 de decembro.

por Emilio Pita Cubeiro -
Número de respostas: 0

Marx, Nietzsche e Freud, foron chamados os "filósofos da sospeita", xa que consideraban que o ser humano non era plenamente consciente e que os seus xuízos adoitaban estar condicionados. No caso de Marx, pola base material (económica) da sociedade; para Nietzsche, polos valores e a moral relixiosa tradicional; segundo Freud, reprimíamos os nosos impulsos e desexos para convivir cos demais.

Escollede unha das tres explicacións e xustificade se coincidides con ela ou non.