Conectores: texto e pregunta a desenvolver
Requisitos do completado
Inicio:
- O texto que se nos presenta; o texto a comentar; Platón, autor do texto a comentar, foi un filósofo... ; etc.
- A tese do fragmento é; a idea principal do texto; o texto trata, principalmente, sobre; o fragmento aborda a idea; céntrase en; etc.
Desenvolvemento:
- Para ligar ideas: como xa mencionamos; atendendo a isto; tendo en conta a idea principal do texto podemos desenvolver algúns conceptos clave do autor; para comprender esta idea debemos afondar na obra do autor; isto, precisamente, garda relación co termo/concepto de; para explicar isto o autor emprega a noción de; etc.
- Para introducir citas: esta idea aparece reflexada no texto cando afirma (introducimos cita entre comiñas) ; isto se recolle no texto a comentar (introducimos cita entre comiñas); este concepto é fundamental para comprender o texto, aparecendo definido como (podemos aquí, facer unha referencia coas nosas palabras ao texto, sen necesidade dunha cita literal)
Conclusión:
- A obra do autor deixou a súa pegada en pensadores posteriores como; o seu pensamento é fundamental para comprender a fiósofos posteriores como; etc.