Autores relacionados
Requisitos do completado
Anteriores
- Platón: Descartes continúa a tradición "racionalista" cuxas bases podemos atopar na filosofía clásica, en autores como Platón. A razón, por si mesma, é quen de chegar a verdades universais.
- Escepticismo: esta corrente, que volverá a popularizarse no Renacemento, inspirará a dúbida metódica cartesiana (pero este NON será escéptico)
- Escolástica: Descartes fórmase na escolástica (estuda no colexio xesuíta de La Flèche) e pese a que reaccionará na súa contra atoparemos certos termos propios desta corrente no seu pensamento (substancia, argumentos para demostrar a existencia de Deus..)
- Revolución Científica: Descartes formará parte dos pensadores modernos que consideren a procura dun método como a cuestión central da filosofía e a ciencia.
Posteriores
- Empirismo: reacción contra o racionalismo cartesiano, consideran que a mente é unha tabula rasa e que o coñecemento só procede da experiencia. Negan a existencia de ideas innatas.
- Kant: elabora unha síntese entre o empirismo e o racionalismo que dá lugar ao seu idealismo trascendental.