Autores relacionados
Requisitos do completado
Anteriores
- Platón: o mestre de Aristóteles. Este último elaborará a súa metafísica a partir da crítica ao dualismo platónico.
Posteriores
- Tomé de Aquino: emprega a filosofía aristotélica para xustificar os dogmas do Cristianismo. Un claro exemplo son as súas vías para demostrar a existencia de Deus, algunhas das cales se inspiran no argumento aristotélico para demostrar a existencia dun Primeiro Motor Inmóbil. A escolástica sintetiza a teoloxía cristiana co aristotelismo.
- Revolución Científica: é unha reacción contra a interpretación aristotélica do cosmos. Critican o seu xeocentrismo e o seu finalismo.
- Empirismo moderno: pese a ser críticos coa metafísica, ao considerar á experiencia como fonte de coñecemento pode conectalos con Aristóteles, xa que este foi dos primeiros en recoñecer o papel dos sentidos no proceso de coñecemento.