Ir ao contido principal
AV
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)

HISTORIA DA FILOSOFÍA 2º(A)

  1. Taboleiro
  2. Cursos
  3. Bacharelato (Adultos)
  4. Segundo Curso
  5. HFIBA2
  6. Tema 13. Hannah Arendt: a condición humana e a crí...
  7. Modelo de comentario Hannah Arendt

Modelo de comentario Hannah Arendt

Requisitos do completado

Texto 1

O texto que se nos presenta pertence á obra As orixes do totalitarismo, escrita pola pensadora de orixe alemá Hannah Arendt. Arendt naceu en 1906 no seo dunha familia xudea, considerada como unha das pensadoras máis relevantes do século XX a súa obra centrarese co campo da teoría política. Achégase xa dende moi nova á filosofía  (pese a que ela mesma nunca se considerou como unha "filósofa") sendo discípula de intelectuais como Karl Jaspers ou Martin Heidegger. Tras o trinfo do nazismo e das políticas antisemitas de Adolf Hitler, Arendt exíliase e fuxe de Alemaña convertíndose así nunha apátrida, vivencias que recopilaría no seu ensaio Nós, os refuxiados. Finalmente estableceríase en EE.UU, onde foi profesora en algunhas das súas universidades máis prestixiosas e onde chegaría a ser colaboradora da revista New Yorker para cubrir o xuízo a Adolf Eichmann en Xerusalén. A partir desta experiencia escribiu a súa obra Eichmann en Xerusalén, un dos seus escritos máis relevantes xunto outros como a As orixes do totalitarismo ou A condición humana.

O texto a comentar céntrase na diferencia establecida por Arendt entre a esfera privada e a esfera pública; a primeira está relacionada co familiar, co doméstico, é a esfera da necesidade; a segunda ten que ver coa participación, coa relación cos nosos semellantes.

Así, no texto, Arendt describe á esfera privada como a esfera do particular, do que nos diferencia aos uns dos outros, pola contra a esfera pública é o ámbito da igualdade, porque só así a relación entre os individuos a nivel político, da comunidade (da polis), é posible: "la esfera pública está tan consecuentemente basada en la ley de la igualdad como la esfera privada está basada en la ley de la diferencia"

Arendt, ao intetar describir ao home, emprega tres conceptos fundamentais: a labor, o traballo e a acción, os cales forman parte da condición humana. O primeiro permite satisfacer las necesidades humanas básicas producindo elementos que consumimos para a nosa autoconservación, é unha actividade que históricamente estivo relegada á esfera privada, ao doméstico, ao familiar, a todo o que garda relación coas nosas capacidades de perpetuarnos. O traballo, que nos define como homo faber, ten que ver coa transformación da natureza, coa creación de ferramentas, de infraestruturas, de tecnoloxía, dun mundo que habitar e no que desenvolvernos. Por último, a acción está directamente ligada coa esfera pública que se menciona no texto, é a actividade a partir da cal nos relacionamos e nos amosamos aos demáis. É clave para a política, para a vida en común, que é o máis característico da condición humana: "el hombre puede actuar en un mundo común, cambiarlo y construirlo, junto con sus iguales". Arendt sinala que a igualdade que caracteriza á esfera pública é construída "no nacemos iguales, llegamos a ser iguales como miembros de un grupo por la fuerza de nuestra decisión", isto é posible a través da acción, do diálogo, da deliberación e da toma de decisións entre individuos, a característica da condición humana á que a autora dá máis importancia.

Se a hora de poñer en práctica a acción o facemos de forma acrítica estaremos abrindo as portas aos totalitarismos, estes buscan anular a pluralidade, a liberdade e a acción que caracteriza a esfera pública, buscan que a individualidade sexa abolida, anulando así a capacidade crítica que é fundamental para a vida política, para a vivir nunha comunidade que pese a ser plural nos recoñece como iguais. Nos rexímenes totalitarios o individuo pasa a formar parte dunha masa, dun todo máis grande ca el mesmo. Atomízase ao individuo anulando os vínculos cos seus semellantes: só importa o todo. Os totalitarismos requiren das masas para triunfar, ofrecen un algo ao que pertencer e co que identificarse a cambio de obediencia cega e lealdade sen cuestionamento, censurando así a acción que define a esfera pública.

Finalmente, o totalitarismo permite a banalización do mal, xa que cando o individuo pon en suspenso a súa capacidade crítica non se fai responsable das súas accións e decisións, limítase, como afirmou Adolf Eichmann, a seguir ordes.

A filosofía de Hannah Arendt continúa vixente na actualidade, onde estamos a ver o xurdimento de novos movementos de masas que ameazan as bases das sociedades democráticas e plurais onde os individuos son iguais ante a lei e poden participar das decisións políticas que afectan a súa comunidade. O seu pensamento non é só unha análise dos totalitarismos pasados, senón unha advertencia para detectar e evitar os futuros.

◄ Esquema pregunta. Hannah Arendt.
Esquema Texto 2. Arendt ►

Bloques

Omitir Navegación

Navegación

  • Taboleiro

    • Inicio do sitio

    • Páxinas do sitio

      • Os meus cursos

      • Etiquetas

      • ForoNoticias do sitio

    • Os meus cursos

    • Cursos

      • Bacharelato (Adultos)

        • Primeiro Curso

        • Segundo Curso

          • LLG 2º BACH (A) 25-26

          • EDMN 2º BACH (A) 25-26

          • Mat. CC.SS II | 2º Bach AD | 25-26

          • PSI 2º BACH (A) 25-26

          • HFIL 2º BACH (A) 25-26

          • LAT II 2º BACH (A) 25-26

          • FIS 2ºBACH (A) 25-26

          • QUI 2ºBACH (A) 25-26

          • MAT II | 2º BACH AD | 25-26

          • LG 2º BACH AD 24-25

          • HISTO_FILOSOFÍA

          • HFIBA2

            • Xeral

            • Información xeral sobre a materia.

            • Tema 1. Os berces da filosofía. O pensamento preso...

            • Tema 2. A filosofía de Aristóteles.

            • Tema 3. A ciencia e filosofía do Helenismo.

            • Tema 4. A filosofía medieval: Agostiño de Hipona e...

            • Tema 5. O nominalismo de Guillerme de Ockham e a c...

            • Tema 6. Os berces da Modernidade: método, revoluci...

            • Tema 7. O racionalismo de Descartes.

            • Tema 8. O empirismo de Locke e Hume.

            • Tema 9. O pensamento da Ilustración.

            • Tema 10. O idealismo transcendental de Immanuel Kant.

            • Tema 11. Alienación e ideoloxía na filosofía de Ka...

            • Tema 12. Nietzsche e a crítica á cultura occidental.

            • Tema 13. Hannah Arendt: a condición humana e a crí...

              • FicheiroHannah Arendt.

              • URLVídeo-resumo. Hannah Arendt.

              • CartafolEsquema pregunta. Hannah Arendt.

              • CartafolModelo de comentario Hannah Arendt

              • CartafolEsquema Texto 2. Arendt

              • CartafolGlosario

            • Tema 14. O desenvolvemento contemporáneo do femini...

            • Tema 15. A filosofía española do século XX: Ortega...

      • Educación Secundaria Obligatoria

      • Educación Secundaria (Adultos)

      • Ciclos Formativos FP

      • Bacharelato

      • IES As Mariñas

      • Familias

      • TEMPORAL

Supplementary blocks

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
HFIBA2
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a aplicación móbil