Ir ao contido principal
AV
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)

HISTORIA DA FILOSOFÍA 2º(A)

  1. Taboleiro
  2. Cursos
  3. Bacharelato (Adultos)
  4. Segundo Curso
  5. HFIBA2
  6. Tema 1. Os berces da filosofía. O pensamento preso...
  7. Modelo de comentario de texto: Platón

Modelo de comentario de texto: Platón

Requisitos do completado

-Ben. Xa vimos, segundo parece, tres calidades da cidade, e en canto á especie que resta para que a cidade alcance a excelencia cal podería ser? É evidente que a xustiza. (...) Pois o que establecimos dende o principio que debía facerse en toda circunstancia, cando fundamos a cidade, segundo a miña opinión, é a xustiza ou unha especie desta. Pois establecimos, se recordas, e moitas veces xa o repetimos, que cada un debía de ocuparsedunha soa cousa de entre as que concirnen á cidade, precisamente daquela na que estivese
mellor preparado por natureza.
-En efecto, dixémolo.
-E que a xustiza consiste en facer o que é propio dun, sen meterse nas cousas alleas, é algo que xa oímos a outros moitos e que nos dixemos repetidamente.
-En efecto, afirmámolo frecuentemente.
-Nese caso, amigo meu, a xustiza parece que consiste en facer cada un o seu. Sabes de onde o deduzo?
-Non, pero dimo ti.
-Ao meu parecer do que temos examinado, a moderación, a valentía e a sabedoría, o que resta por ver na cidade, é o que dá a todas aquelas calidades a capacidade de nacer e unha vez nacidas, permítelles conservarse, mentres pemanezanelas. E xa dixemos que se encontrabamos as tres, a xustiza sería a que restase.

Platón, República, Libro IV

Comentario:

O texto a comentar pertence áo diálogo República, escrito por Platón, pensdor grego do século V.a.C considerado como o primeiro autor sistemático da historia da filosofía. Platón naceu en Atenas, no seo dunha familia aristocrática e debido á súa orixe parecía destinado a dedicarse á política pero tras unha serie de desencantos, co goberno dos Trinta Tiranos primeiro (no que participaron familiares seus) e co réxime democrático despois (o cal condenaría ao seu mestre) apartaríase da política activa. Con todo, pese a pasar a dedicarse á reflexión teórica considerará a esta como o paso previo á política, tal e como veremos a continuación.

Entre as influencias máis destacadas no pensamento de Platón podemos citar a Parménides, o al sería moi crítico con todo o que coñecemos a través dos sentidos. Considerará ao sensible mera aparencia, do cal só podemos ter opinión (doxa). O eléata defenderá o que bautizou como "vía da verdade", totalmente racional e a través da cal chega a deducir os atributos do Ser: eterno, perfecto, inxenerado, etc. Importante será tamén Heráclito, cuxa tese de que "todo está en constante movemento" definirá as características do mundo sensible de Platón. Tamén os pitagóricos e o seu dualismo terán un peso importante no sistema platónico. Pero sen dúbida a figura máis relevante en canto á infuencia na filosofía do noso autor será Sócrates, o seu mestre, xa que ambos defenderán a existencia dunha verdade universal e absoluta, criticando ao relativismo dos sofistas. O feito de que Sócrates protagonice boa parte dos diálogos do seu discípulo deixa ver como a filosofía de ambos autores están estreitamente conectadas.

A tese centra do fragmento que se nos presenta é a xustiza, tema principal do diálogo República. Este termo permítenos abordar tanto a antropoloxía como a política do sistema filosófico de Platón, así como a relación que o autor establece entre ambas disciplinas. Antes de nada debemos recordar que Platón é un pensador dualista; a nivel ontolóxico distingue dúas realidades, a sensible e a intelixible, sendo a primeira cambiante e corruptible, unha copia  imperfecta (mímese) do mundo ideal o cal é perfecto e eterno (ten as mesmas características que o Ser de Parménides) Do cambiante e sensible só poderemos ter opinión, un coñecemento incerto e inseguro, o que Platón denomina opinión (doxa); só das ideas poderemos posuír un coñecemento verdadeiro, ao que denomina ciencia (episteme) Vemos pois a relación entre o dualismo ontolóxico e epistemolóxico.

Esta división en dúas realidades condiciona tamén a visión que Platón ten do ser humano. Ao igual que os pitagóricos distingue entre alma e corpo, a primeira comparte natureza coas ideas, o corpo é sensible e corruptible: una prisión para a psyké. Así, o que nos define non e outra cousa que a alma, eterna e perfecta. Esta está dividida en tres partes: concupiscible, irascible e racional; cada unha coa súa propia virtude, temperanza, fortaleza e sabedoría/prudencia, respectivamente. Ao equilibrio ou harmonía entre as partes Platón o denomina como xustiza. No texto Platón afirma que "xustiza parece que consiste en facer cada un o seu", deste xeito, se as distintas partes da alma fan o que lles corresponde por natureza lograremos a harmonía e equilibrio entre elas: a xustiza a nivel individual.

Pese a que todo individuo posúe as tres partes da alma en cada un predomina unha, o que nos permitirá clasificalo en distintas clases sociais: se predomina a concupiscible será produtor; se predomina a irascible gardián; se predomina a racional será filósofo e, polo tanto, gobernante. Igual que coas partes da alma para que unha sociedade sexa xusta cada individuo debe facer o que lle corresponde por natureza, o que a súa alma predominante determina. O produtor debe producir, o gardián protexer e o filósofo gobernar, este último ten esta función xa que é o único que coñece as ideas e, tal e como xa afirmara Sócrates, só o que coñece o que é o ben e a xustiza pode ser bo e xusto.

Se nos fixamos no texto este di  "que cada un debía de ocuparse dunha soa cousa de entre as que concirnen á cidade", atpamos de novo a definición de xustiza, pero esta vez aplicada á política. Vemos aquí a relación entre a antropoloxía e a política no sistema filosófico de Platón: dependendo da parte da alma que predomine no individuo este pertencerá a unha clase determinada e terá unha función. Esa función é a que mellor pode realizar en base a súa propia natureza, para que a sociedade funcione correctamente cada un debe ocuparse do que lle corresponde: "precisamente daquela da que estivese mellor preparado por natureza"
A modo de conclusión podemos dicir que neste fragmento se observan algunhas das características principais da filosofía política platónica, como o organicismo: o Estado é como un organismo, para funcionar eficientemente cada parte (clase social no Estado, órgano no organismo) debe limitarse a facer aquilo que lle é propio por natureza. Platón busca unha cidade ideal asentada nos principios da súa filosofía, non acepta o relativismo dos sofistas con respecto ás leis e propón un modelo que parta dunha definición universal e absoluta de xustiza.

◄ Resumos Platón
Esquemas textos Platón PAU ►

Bloques

Omitir Navegación

Navegación

  • Taboleiro

    • Inicio do sitio

    • Páxinas do sitio

      • Os meus cursos

      • Etiquetas

      • ForoNoticias do sitio

    • Os meus cursos

    • Cursos

      • Bacharelato (Adultos)

        • Primeiro Curso

        • Segundo Curso

          • LLG 2º BACH (A) 25-26

          • EDMN 2º BACH (A) 25-26

          • Mat. CC.SS II | 2º Bach AD | 25-26

          • PSI 2º BACH (A) 25-26

          • HFIL 2º BACH (A) 25-26

          • LAT II 2º BACH (A) 25-26

          • FIS 2ºBACH (A) 25-26

          • QUI 2ºBACH (A) 25-26

          • MAT II | 2º BACH AD | 25-26

          • LG 2º BACH AD 24-25

          • HISTO_FILOSOFÍA

          • HFIBA2

            • Xeral

            • Información xeral sobre a materia.

            • Tema 1. Os berces da filosofía. O pensamento preso...

              • CartafolTema 1. Parte 1. Dos presocráticos a Sócrates.

              • CartafolTema 1. Parte 2. A filosofía de Platón.

              • CartafolRecursos complementarios e de axuda.

              • CartafolGlosario Unidade 1

              • CartafolResumos Platón

              • CartafolModelo de comentario de texto: Platón

              • FicheiroEsquemas textos Platón PAU

              • CartafolAutores relacionados

              • CartafolEsquemas clases repaso

            • Tema 2. A filosofía de Aristóteles.

            • Tema 3. A ciencia e filosofía do Helenismo.

            • Tema 4. A filosofía medieval: Agostiño de Hipona e...

            • Tema 5. O nominalismo de Guillerme de Ockham e a c...

            • Tema 6. Os berces da Modernidade: método, revoluci...

            • Tema 7. O racionalismo de Descartes.

            • Tema 8. O empirismo de Locke e Hume.

            • Tema 9. O pensamento da Ilustración.

            • Tema 10. O idealismo transcendental de Immanuel Kant.

            • Tema 11. Alienación e ideoloxía na filosofía de Ka...

            • Tema 12. Nietzsche e a crítica á cultura occidental.

            • Tema 13. Hannah Arendt: a condición humana e a crí...

            • Tema 14. O desenvolvemento contemporáneo do femini...

            • Tema 15. A filosofía española do século XX: Ortega...

      • Educación Secundaria Obligatoria

      • Educación Secundaria (Adultos)

      • Ciclos Formativos FP

      • Bacharelato

      • IES As Mariñas

      • Familias

      • TEMPORAL

Supplementary blocks

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
HFIBA2
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a aplicación móbil