Temas propostos para o traballo da primeira avaliación.
- A ética normativa a partir dos dilemas éticos: presentar as distintas perspectivas da ética normativa a partir dun dilema ético real ou creado polo grupo e determinar cal sería a perspectiva coa que vos quedaríades.
- Igualitarismo, suficientismo e outras perspectivas consecuencialistas non utilitaristas.
- Universalismo vs. Relativismo. Pode haber unha moral definitiva que trascenda culturas, relixións e ideoloxías?
- Diferencias entre legalidade e lexitimidade. Sobre se hai leis inxustas e que é o que nos permite clasificalas como tal.
- O debate sobre a pena de morte.
- Que criterios existen para considerar a un individuo suxeito de consideración moral? O caso dos animais non-humanos.
- A eutanasia.
- O aborto.
- O utilitarismo na historia da filosofía.
- O deontoloxismo na historia da filosofía.
- Que é a ética da virtude?