Modelo de comentario. Aristóteles.
De todo esto resulta, pues, manifiesto que la ciudad es una de las cosas naturales, y que el hombre es por naturaleza un animal social (zôon politikón), y que el insocial por naturaleza y no por azar o es mal hombre o más que hombre [...] La razón por la cual el hombre es, más que la abeja o cualquier animal gregario, un animal social es evidente: la naturaleza, como solemos decir, no hace nada en vano, y el hombre es el único animal que tiene palabra (lógos) [...] Todas las cosas se definen por su función y sus facultades, y cuando éstas dejan de ser lo que eran no se debe decir que las cosas son las mismas, sino del mismo nombre. Es evidente, pues, que la ciudad es por naturaleza y anterior al individuo, porque si el individuo separado no se basta a sí mismo será semejante a las demás partes en relación con el todo, y el que no puede vivir en sociedad, o no necesita de nada por su propia suficiencia, no es miembro de la ciudad, sino una bestia o un dios. Es natural en todos la tendencia a una comunidad tal, pero el primero que la estableció fue causa de los mayores bienes; porque así como el hombre perfecto es el mejor de los animales, apartado de la ley y de la justicia es el peor de todos.
Aristóteles, Política, Libro I, 1252a/1253ª, Madrid, Instituto de Estudios Políticos, 1970, (pp: 1 y 3-5).
O texto a comentar pertence á Política de Aristóteles, filósofo clásico de orixe macedonia que vivu durante o século IV a. C. Aristóteles naceu en Estaxira, sendo o seu pai Nicómaco médico da corte macedonia, o que levará ao seu fillo a ter relación con figuras tan relevantes como Filipo II, futuro rei. Aos 17 anos, Aristóteles ingresa na Academia de Atenas, dirixida por Platón e onde estudara durante 20 anos, tomando numerosas ideas do seu mestre e, posteriormente, criticándoas. Descontento coa deriva da Academia tras a morte de Platón o estaxirita fundará a súa propia escola, o Liceo, onde estudarán os chamados peripatéticos, que era como se lles chamou aos seus discípulos pola costume de estudar e discutir sobre cuestión filosóficas mentres paseaban. Cabe sinalar a etapa na que Aristóteles exerceu como titor de Alexandre Magno, algo que foi solicitado polo pai deste, Filipo II. O estaxirita convertiríase así no mestre dunha das grandes figuras da historai clásica, pese a que a conquista das polis gregas, as cales foron supeditadas á organización imperial, provocou un distanciamento entre ambos. Tras morrer Alexandre extendeuse por todo o imperio unha reacción contra todo o que tiña que ver co emperador, polo que Aristóteles fuxiría de Atenas, refuxiándose en Calcis, cidade na que pasaría os seus últimos días.
A produción intelectual de Aristóteles clasifícase en obras exotéricas, escrias en forma de diálogo e destinadas ao gran público, e esotéricas, as leccións dictadas para os seus alumnos no Liceo. Son estas últimas as que foron organizadas no século I d.C polo monxe Andrónico de Rodas e que chegaron ata os nosos días. Do mesmo xeito, podemos dividir o pensamento aristotélico en dúas etapas: unha máis próxima a Platón e a súa Teoría das Ideas e unha máis crítica coa filosofía do mestre.
O texto que se nos presenta e como xa mencionamos pertence á Política, obra pertencente a súa filosofía práctica. A tese do mesmo é a consideración da polis, do Estado, como algo que é produto da natureza humana. Aristóteles entende á política como aquela disciplina encargada de tratar os asuntos públicos, aqueles que afectan á vida en comunidade. Se a ética aristotélica é teleolóxica (tende a un fin) e eudaimonista (ese fin último é a felicidade) a política deste autor explica como debe ser o estado, a polis, no que o individuo poida realizarse plenamente: tanto moral como intelectualmente (adicándose á vida contemplatica). Así, a natureza humana explica que os seres humanos nos organizamos en comunidades políticas para satisfacer as nosas necesidades, é algo propio dos individuos da nosa especia. De aí que o estaxirita se refira a nós como "animais políticos" ou, en grego, "zoon politikon", o cal recolle no presente texto: " la ciudad es una de las cosas naturales, y que el hombre es por naturaleza un animal social (zôon politikón)". Só aqueles que son bárbaros (bestas) ou deuses viven á marxe do estado: "el que no puede vivir en sociedad, o no necesita de nada por su propia suficiencia, no es miembro de la ciudad, sino una bestia o un dios".
Nun primeiro momento os seres humanos organízanse en familias, a comunidade política máis simple, xa que así poden satisfacer necesidades como a reprodución ou a perpetuación da especia. As familias agrúpanse entre sí, dando lugar aos municipios ou aldeas, que garantizan necesidades máis complexas, como pode ser a seguridade. Pero para Aristóteles os seres humanos diferenciámonos doutros seres vivos pola nos facultade racional, polo logos (razón ou palabra), o cal fai que nos organicemos en comunidades moito máis complexas que as de outros animais gregarios: "la razón por la cual el hombre es, más que la abeja o cualquier animal gregario, un animal social es evidente [...] el hombre es el único animal que tiene palabra (lógos)". O ser humano ten unhas necesidades morais e intelectuais que non teñen os individuos doutras especies, tende a un fin que está directamente ligado a súa capacidade de saber e coñecer. Deste xeito, o home só se realizará plenamente, só logrará a felicidade se vive no contexto da cidade, da polis, pois, como sinala Aristóteles no texto, non se basta por si mesmo.
Mais, que forma de goberno deberá ter o estado? O estaxirita establece unha clasificación das formas de goberno en función do número de gobernantes e de se estes actúan de forma lexítima (gobernan buscando o ben común) ou ilexítima (gobernan pensando só no interese particular) O goberno ilexítimo dun individuo é a tiranía, duns poucos a oligarquía e de moitos a democracia (nótese que Aristóteles sigue a ser crítico con este réxime, tal e como o fora Platón) O goberno lexítimo dun único individuo é a monarquía e o duns poucos a aristocracia, mais Aristóteles non considera que existan na cidade eses individuos perfectamente bos e virtuosos que sinalaba o seu mestre. Só queda, entón, unha alternativa: a república. Esa sería un termo medio entre a democracia e a oligarquía, un goberno das clases medias que interpreten as leis gardadas nunha constitución, que garantan a autosuficiencia (autarquía) e independencia do estado e que garantan a posibilidade de que os seus cidadáns poidan desenvolverse plenamente.
Vemos pois como Aristóteles, ao igual que noutras ramas do seu pensamento, desenvolve unha filosofía política propia, afastada da aristocracia intelectual e do idealismo do seu mestre. Inspirado na organización das cidades-estado gregas defenderá á politeia ou república como a mellor forma de goberno dun estado con poucos cidadáns pero que garantice as condicións para que estes poidan lograr o seu fin.