Ir ao contido principal
AV
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)

HISTORIA DA FILOSOFÍA 2º(A)

  1. Taboleiro
  2. Cursos
  3. Bacharelato (Adultos)
  4. Segundo Curso
  5. HFIBA2
  6. Tema 7. O racionalismo de Descartes.
  7. Modelo de comentario. Descartes.

Modelo de comentario. Descartes.

Requisitos do completado

Texto 2.

René Descartes, pensador francés nacido na localidade de La Hayè en 1596, é habitualmente considerado como o primeiro filósofo moderno. Pertenceu a unha familia da baixa nobreza, o que lle permitiu recibir unha educación acorde ao seu estatus. Ingresou no colexio xesuíta de La Flèche, destinado a formar ás elites intelectuais católicas para enfrontar aos protestantes do norte de Francia (hugonotes). Tras os seus estudos universitarios alistaríase nos exércitos de Mauricio de Nassau e Maximiliano de Baviera e durante as súas campañas tería os seus tres famosos soños que o orientarían a dedicarse á filosofía e a elaborar un métododo para unha ciencia universal.

Posteriormete pasaría unha longa tempada en Holanda, onde estudaría, principalmente, filosofía e física, e onde redactaría as súas obras máis importantes como o Discurso do método ou As Meditacións Metafísicas, obra á que pertence o texto que nos ocupa.

Pasaría os seus últimos anos en Suecia, acollido pola raíña Cristina, a cal o tiña en alta estima, morrendo aos 50 anos a causa dunha neumonía.

Para comprender o pensamento cartesiano debemos atender ao contexto no que o autor elaborou a súa obra e cuxas características xa se comezaban a vislumbrar durante o período Renacentista e que culminarían no que hoxe en día coñecemos como Modernidade. Entre estas destaca o profundo antropocentrismo que marcaba a produción intelectual e artística da época, sendo o ser humano o centro de toda reflexión. Por outra banda temos a secularización da sociedade e das institucións grazas ao abandono do teocentrismo medieval, ao que hai que sumar o auxe das linguas vernáculas como vehículos do saber. Por último é importante sinalar o xurdimento dunha nova clase social que será protagonista dos grandes acontecementos da Modernidade e que se dedicará tamén á desenvolver o pensamento filosófico do momento: a burguesía.

Con respecto ás influencias que recibirá Descartes debemos citar ao escepticismo renacentista (deixando claro que este nunca será un escéptico pero si utilizará esta corrente filosófica para desenvolver o seu método) e os logros da nova ciencia e das matemáticas.

Unha vez contextualizado o autor debemos pasar a analizar o texto que nos ocupa, o cal se centra no que Descartes considera como a primeira evidencia ou primeira idea clara e distinta: o cogito. Para o francés podemos dubidar absolutamente de todo salvo dunha cousa, de que podemos pensar, de que podemos dubidar. Isto levaranos á primeira verdade evidente, á cal recolle na súa famosa máxima: penso, logo existo; cogito, ergo sum. A continuación pasaremos a demostrala na análise do fragmento.

Debemos ter presentes que a pregunta da filosofía e do pensamento moderno é a pregunta polo método, a procura dun método que nos permita chegar a un coñecemento verdadeiro. Descartes participará desta empresa e inspirará o seu método en dous tipos de coñecemento: o intuitivo e o dedutivo. O francés intentará chegar ás bases do coñecemento humano e, unha vez asentadas (unha vez cheguemos ás verdades de carácter intuitivo) procederá dedutivamente e demostrará todo o demais. Isto é o que Descartes expresa coa metáfora da árbore da ciencia na cal divide ao coñecemento humano en tres partes: as raíces corresponden á metafísica; o tronco á filosofía natural ou física; as ramas da árbore ás ciencias prácticas como a medicina ou a moral.

Tras anos de investigación o método cartesiano quedou reducido a catro regras: evidencia, análise, síntese e enumeración. A evidencia implica non dar por verdadeiro nada que poida ser susceptible de ser dubitable, é dicir, que non se nos presente de xeito intuitivo. Por análise enténdese á capacidade de dividir un problema complexo en tantas partes como sexa posible ata chegar ás súas naturezas simples (ás súas partes evidentes). A síntese consiste en recompoñer o problema dende as súas partes máis sinxelas e así ter unha mellor comprensión do mesmo, atendendo a como estas se conectan entre si. Por último está a enumeración, a cal consiste en revisar os procedementos previos para comprobar que non se cometeu ningún tipo de erro.

Mais, como chegamos a esas verdades que Descartes chama evidentes? Aquí é onde se aplica a dúbida metódica e onde se observa como para o francés o escepticismo é un medio, pero nunca un fin. Comézase dubidando dos datos que nos ofrecen os sentidos, pois estes poden enganarnos e non son fiables: "estoy persuadido de que nada de lo que mi memoria, llena de mentiras, me representa, ha existido jamás; pienso que no tengo sentido". En base a isto podemos dubidar de toda a realidade, pois non sabemos distinguir entre o soño e a vixilia: "acaso nada más sino esto: que nada hay cierto
en el mundo". Por último Descartes introduce a hipótese do xenio maligno, o cal nos faría crer que os nosos razoamentos dedutivos son verdadeiros cando, en realidade, están equivocados: "hay cierto burlador muy poderoso y astuto que dedica su industria toda a engañarme siempre". Este convirtiría á dúbida en hiperbólica, é dicir, levaría a esta ata as últimas consecuencias. Hai algo, entón, do que non podamos dubidar? Precisamente disto, de que estamos a dubidar, de que estamos a pensar. O feito mesmo de estar pensando, por moito que os contidos dos meus pensamentos sexan erróneos, implica que hai alguén que pensa, unha mente ou alma que dubida: o cogito. Así o explica Descartes no texto: "si he llegado a persuadirme de algo o solamente si he pensado alguna cosa, es sin duda porque yo era". Descartes chega, aplicando a dúbida metodicamente, á primeira verdade evidente ou idea clara e distinta, que existe unha substancia pensante ou res cogitans que demostra que: "yo soy, yo existo".

Mais se o francés se quedase exclusivamente nesta primeira verdade evidente caería no solipsismo, xa que só podería demostrar a súa existencia como substancia pensante polo que para evitar isto debe extender esta evidencia máis aló da súa mente. Para isto debemos atender á clasificación que o autor fai das ideas, que son os contidos da nosa mente, ás cales clasifica en función da súa natureza e procedencia. En virtude da súa procedencia distingue entre ideas innatas, as cales xa están dadas en nós e non proceden da experiencia nin da combinación doutras ideas; ideas adventicias, procedentes da nosa experiencia e froito dos nosos sentidos; e ideas facticias, construídas pola nosa imaxinación a partir das ideas adventicias. En base á súa natureza diferencia ás ideas claras, que se entenden intuitivamente por si mesmas, das as escuras, as cales requiren dunha aclaración ou análise; e ás distintas, ben definidas e delimitadas; das confusas, as cales non se diferencian ben doutras. Así, as únicas ideas claras e distintas serán as ideas innatas, sendo polo tanto as únicas verdadeiras e o obxecto do noso coñecemento.

Entre estas ideas innatas Descartes destaca ás de infinitude e perfección, preguntándose pola súa procedencia, pois toda idea representa a unha realidade igual de obxectiva. A partir de aquí elaborará os seus argumentos para demostrar a existencia dunha nova substancia ou realidade: a res infinita (Deus). O primeiro dos argumentos que esgrimirá estará inspirado no argumento ontolóxico de San Anselmo de Canterbury: se teño na miña mente a idea de Deus como ser máis perfecto que poida pensarse entre as súas perfeccións debemos atopar a existencia. De non ser así non sería o ser máis perfecto que poidamos pensar e existiría outro máis perfecto: un que existise realmente. O segundo argumento apela, precisamente, ás ideas de infinitude e perfección. Se posúo estas ideas, de onde proceden? Non poden proceder de min, pois son imperfecto, deben proceder dunha realidade igual de perfecta e infinita á que Descartes identifica con Deus. Por último atopamos o argumento da dependencia humana con respecto ao divino: a miña existencia terá que depender dun ser máis perfecto ca min, de non ser así teríame creado con todas as perfeccións que lle atribúo a Deus. Ao ser eu continxente non teño en min mesmo a causa da miña existencia.

Demostrada a existencia dunha res infinita perfecta entre os atributos da súa perfección atopamos a bondade. Deste xeito se dependemos dun ser perfecto este non puido crearnos de xeito que os nosos xuízos sobre o mundo sexan sempre erróneos polo que Deus convértese en garante de que as nosas ideas adventicias sexan verdadeiras. Existe así un mundo físico, sensible, que Descartes denomina res extensa.

A modo de conclusión podemos mencionar o problema ao que Descartes se viu enfrontado á hora de explicar como dúas substancias ontoloxicamente diferentes se relacionaban nun único ser: o ser humano. O mundo físico e polo tanto o noso corpo (res extensa) está rexido por leis deterministas segundo unha interpretación mecanicista, mentres que na mente humana impera a vontade e a liberade. Xurde así o chamado problema mente-corpo, formulado polo máximo expoñente do racionalismo no século XVII e aínda sen resolver a día de hoxe.

Os empiristas modernos como Locke e Hume criticarán ao racionalismo cartesiano negando a existencia das ideas innatas e afirmando que a nosa mente é unha tabula rasa e que todo o noso coñecemento procede da experiencia. Do mesmo xeito atacarán ao dogmatismo do francés ao defender que o noso coñecemento ten límites e que, no caso de David Hume, non podemos chegar a un coñecemento universalmente verdadeiro.

Xa a finais do século XVIII Immanuel Kant realizará unha síntese entre estas dúas correntes filosóficas (racionalismo e empirismo) para desenvolver o seu idealismo trascendental, converténdose así nun dos máis importantes filósofos da Ilustración.

◄ Esquemas textos Descartes ABAU
Esquema pregunta de Descartes ►

Bloques

Omitir Navegación

Navegación

  • Taboleiro

    • Inicio do sitio

    • Páxinas do sitio

      • Os meus cursos

      • Etiquetas

      • ForoNoticias do sitio

    • Os meus cursos

    • Cursos

      • Bacharelato (Adultos)

        • Primeiro Curso

        • Segundo Curso

          • LLG 2º BACH (A) 25-26

          • EDMN 2º BACH (A) 25-26

          • Mat. CC.SS II | 2º Bach AD | 25-26

          • PSI 2º BACH (A) 25-26

          • HFIL 2º BACH (A) 25-26

          • LAT II 2º BACH (A) 25-26

          • FIS 2ºBACH (A) 25-26

          • QUI 2ºBACH (A) 25-26

          • MAT II | 2º BACH AD | 25-26

          • LG 2º BACH AD 24-25

          • HISTO_FILOSOFÍA

          • HFIBA2

            • Xeral

            • Información xeral sobre a materia.

            • Tema 1. Os berces da filosofía. O pensamento preso...

            • Tema 2. A filosofía de Aristóteles.

            • Tema 3. A ciencia e filosofía do Helenismo.

            • Tema 4. A filosofía medieval: Agostiño de Hipona e...

            • Tema 5. O nominalismo de Guillerme de Ockham e a c...

            • Tema 6. Os berces da Modernidade: método, revoluci...

            • Tema 7. O racionalismo de Descartes.

              • CartafolTema 7. O racionalismo de Descartes.

              • CartafolResumos Descartes.

              • URLO problema mente-corpo I

              • URLO problema mente corpo II

              • URLRafael Yuste, neurocientífico. Sobre o problema me...

              • URLRafael Yuste, neurocientífico. Sobre o problema me...

              • FicheiroEsquemas textos Descartes ABAU

              • CartafolModelo de comentario. Descartes.

              • CartafolEsquema pregunta de Descartes

              • CartafolExemplo de texto de actualidade. Descartes.

              • CartafolAutores relacionados

              • CartafolEsquemas clases repaso

            • Tema 8. O empirismo de Locke e Hume.

            • Tema 9. O pensamento da Ilustración.

            • Tema 10. O idealismo transcendental de Immanuel Kant.

            • Tema 11. Alienación e ideoloxía na filosofía de Ka...

            • Tema 12. Nietzsche e a crítica á cultura occidental.

            • Tema 13. Hannah Arendt: a condición humana e a crí...

            • Tema 14. O desenvolvemento contemporáneo do femini...

            • Tema 15. A filosofía española do século XX: Ortega...

      • Educación Secundaria Obligatoria

      • Educación Secundaria (Adultos)

      • Ciclos Formativos FP

      • Bacharelato

      • IES As Mariñas

      • Familias

      • TEMPORAL

Supplementary blocks

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
HFIBA2
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a aplicación móbil