• ponte en contacto con outras/os estudantes Erasmus na USC, segúramente poidas realizar intercambios de linguas. Ti podes ofrecer ensinar a túa lingua e, a cambio, aprenderás a súa.
  • pásate polo departamento de línguas estranxeiras do instituto e pregunta por material impreso.
  • acércate á biblioteca do instituto e lévate algún libro ou película en inglés, francés ou italiano.
  • apúntate a algún curso da Escola de Idiomas ou do Centro de Línguas Modernas da USC (por exemplo, contan con cursos intensivos no verán ou por semestres).
  • se queres aprender inglés, hai dous métodos novidosos (os dous andan por 50 €). Os dous métodos permiten mellorar a túa pronunciación e ademais:
    • MyGrammarLab da Editorial Pearson-Longman: método con libro e recursos en internet e para o móbil. Está centrado na gramática ao tempo que estudas e usas campos semánticos diversos (o vocabulario é variado). Preséntase en varios niveis.
    • BurlingtonEnglish da editorial Burlington: método que está centrado no ensino de inglés para fins específicos, como é o caso da FP, pero tamén inclúe unha parte xeral. Usarás uns auriculares (incluídos no paquete) e conexión a internet (onde se ubica o completo curso).
Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 10:29 AM