3. CURSO 2013-14

Os días 29 e 30 de outubro 2013 celebraronse unhas "Jornadas de Coordinadores Erasmus de FP". Nesta ocasión os centros tiveron que facerse cargo de todos os gastos (desprazamento e dietas), xa que a Axencia Nacional só ofreceu uns "pinchos" de xantar.

Entre as novidades debemos salientar o seguinte:
  • a información sobre as modificacións das axudas complementarias do MEC. Comunícase que a partires de agora os participantes Erasmus non terán a "axuda lineal" e só terán axuda complementaria aquelas persoas que eran becarias (de becas xerais do Ministerio) o curso pasado. [Esta información foi previa á reacción negativa en distintas esferas que deu lugar a un cambio de posición do noso querido ministro de educación].
  • Mobility Tool: a partires de xaneiro teremos algo máis que facer! Teremos unha nova ferramenta de control para estatísticas e informes finais dos becarios Erasmus. Cada estudantes que teña que realizar o informe final usando esta ferramenta recibirá un correo electrónico como alerta.
  • No caso de ter que cambiar algo nos datos de que dispón a OAPEE, deberase comunicar por correo electrónico antes de realizar cambios en documentación en papel ou online (por exemplo, un cambio de Director/a da institución).
  • Erasmus+: explicouse algo, pero non hai nada definitivo porque está pendente de acadar acordos entre as Axencias Nacionais de todos os países membros... Unha das cousas que parecen claras é que o estudantado deberá realizar unha proba de nivel de idioma estranxeiro antes e despois da estadía, con fins estatísticos (nin estudantes, nin profesorado vai saber cales foron os resultados). Tamén se comunica que terán a opción de mellorar linguas de xeito gratuíto online, das 5 linguas "importantes" (inglés, francés, alemán, italiano, español); para o resto das linguas deberemos facer uso da axuda que nos proporcionan para a xestión das mobilidades (até agora chamada OM).
  • Recordase a obrigatoriedade de gardar todo tipo de documentos (incluídas as convocatorias de reunións informativas) durante 5 anos (por posible auditorías). Recomendase ter un Excel onde vaiamos metendo todos os participantes Erasmus de cada ano, que se arquive tamén na carpeta de documentación a Carta Erasmus, o recoñecemento no expediente, etc.
  • As prácticas Erasmus son acumulábels, é dicir un estudante pode facer 6 meses na FP e outros 6 na universidade, por exemplo. O máximo é de 12 meses.
  • A mobilidade no estranxeiro para prácticas só se pode facer nunha empresa (non poden facerse combinados de varias).
  • Pídese que cando se fagan auditorías nas que se envía documentación á OAPEE o fagamos así: un oficio acompañado dun CD ou pen drive ou similar con todos os documentos escaneados.
  • Novo regulamento financieiro: os pagos fance en 30 días (por parte da OAPEE á institución + da institución de envío aos participantes). O peche de cada ano será como máximo 60 días despois do informe final (incluídas as modificacións pertinentes: devolución de cartos...)
  • En canto á documentación: o Acordo de Formación orixinal quedará en mans do estudante Erasmus, a institución de envío e a empresa das prácticas quedarán con copias impresas ou escaneadas. En todos os anexos deben encherse todos os espazos en branco!
  • O importante para o cómputo da estadía (e motivo de auditorías!) son as datas que figuran no Certificado da Estadía que a empresa asina para cada estudante.
  • Informe final do estudante: o estudante que non o entrega en prazo (30 días despois do final da estadía) terá unha redución de ingresos do 20%; o estudante que non entrega o informe terá que devolver toda a beca (100%).