REUNIÓNS COORDINADORES/AS

Sitio: Aula Virtual
Curso: PROGRAMA ERASMUS
Libro: REUNIÓNS COORDINADORES/AS
Impreso por: Guest user
Data: martes, 18 de novembro de 2025, 10:51 PM

Descrición

Reunións de coordinadoras e coordinadores Erasmus en España

1. CURSO 2011-12

Os día 3 e 4 de outubro de 2011 tivemos unha reunión en Madrid, denominada JORNADAS DE COORDINADORES ERASMUS DE FP. En realidade era unha reunión para "novatas e novatos" no traballo de coordinar proxectos Erasmus de FP

2. CURSO 12-13

Os días 20 e 21de xuño de 2012 estaba prevista outra reunión en Madrid. Por falta de cartos, non se celebrou.

O día 5 de novembro de 2012 tivemos unha reunión en Madrid dun só día, polo que foi moi pouco útil.
Comentáronse algunhas novidades:
  • aparecen os "dicionarios de datos" anexos ao Convenio de Subvención";
  • nos acordos interinstitucionais é recomendábel que se inclúa unha "cláusula con termos de cancelación";
  • debemos incluír información e disposicións sobre os diferentes tipos de seguro: médicos, de responsabilidade civil e de accidentes;
  • os Acordos de Formación precisarán o nivel de competencia lingüística que o estudante deberá ter na língua principal de traballo na empresa de acollida;
  • debemos ter en conta as modificacións que se establecen no Real Decreto Ley 16/2012 sobre o uso da Tarxeta Sanitaria Europea.
  • Mobility Tool: unha nova ferramenta para Erasmus que se espera estea en marcha en xuño 2013.
  • as becas para prácticas serán de 300 € por mes.
  • a OM dos centros será dun mínimo de 500 € por institución.
  • tamén recibimos información sobre auditorías (documental, financieira e de sistemas)
  • DOCUMENTOS QUE XUSTIFICAN UNHA MOVILIDADE INDIVIDUAL SMP:
    • Contrato + Anexos: Acordo de Formación, Plan de traballo; Certificado da estadía; Informe final da/o participante
    • Recoñecemento académico
    • Xustificación bancaria do pago da beca a participantes.
    • Evidencia de necesidades especiais (se fose o caso)
    • Comunicacións relevantes que xustifiquen cambios e teñan valor de enmenda.

3. CURSO 2013-14

Os días 29 e 30 de outubro 2013 celebraronse unhas "Jornadas de Coordinadores Erasmus de FP". Nesta ocasión os centros tiveron que facerse cargo de todos os gastos (desprazamento e dietas), xa que a Axencia Nacional só ofreceu uns "pinchos" de xantar.

Entre as novidades debemos salientar o seguinte:
  • a información sobre as modificacións das axudas complementarias do MEC. Comunícase que a partires de agora os participantes Erasmus non terán a "axuda lineal" e só terán axuda complementaria aquelas persoas que eran becarias (de becas xerais do Ministerio) o curso pasado. [Esta información foi previa á reacción negativa en distintas esferas que deu lugar a un cambio de posición do noso querido ministro de educación].
  • Mobility Tool: a partires de xaneiro teremos algo máis que facer! Teremos unha nova ferramenta de control para estatísticas e informes finais dos becarios Erasmus. Cada estudantes que teña que realizar o informe final usando esta ferramenta recibirá un correo electrónico como alerta.
  • No caso de ter que cambiar algo nos datos de que dispón a OAPEE, deberase comunicar por correo electrónico antes de realizar cambios en documentación en papel ou online (por exemplo, un cambio de Director/a da institución).
  • Erasmus+: explicouse algo, pero non hai nada definitivo porque está pendente de acadar acordos entre as Axencias Nacionais de todos os países membros... Unha das cousas que parecen claras é que o estudantado deberá realizar unha proba de nivel de idioma estranxeiro antes e despois da estadía, con fins estatísticos (nin estudantes, nin profesorado vai saber cales foron os resultados). Tamén se comunica que terán a opción de mellorar linguas de xeito gratuíto online, das 5 linguas "importantes" (inglés, francés, alemán, italiano, español); para o resto das linguas deberemos facer uso da axuda que nos proporcionan para a xestión das mobilidades (até agora chamada OM).
  • Recordase a obrigatoriedade de gardar todo tipo de documentos (incluídas as convocatorias de reunións informativas) durante 5 anos (por posible auditorías). Recomendase ter un Excel onde vaiamos metendo todos os participantes Erasmus de cada ano, que se arquive tamén na carpeta de documentación a Carta Erasmus, o recoñecemento no expediente, etc.
  • As prácticas Erasmus son acumulábels, é dicir un estudante pode facer 6 meses na FP e outros 6 na universidade, por exemplo. O máximo é de 12 meses.
  • A mobilidade no estranxeiro para prácticas só se pode facer nunha empresa (non poden facerse combinados de varias).
  • Pídese que cando se fagan auditorías nas que se envía documentación á OAPEE o fagamos así: un oficio acompañado dun CD ou pen drive ou similar con todos os documentos escaneados.
  • Novo regulamento financieiro: os pagos fance en 30 días (por parte da OAPEE á institución + da institución de envío aos participantes). O peche de cada ano será como máximo 60 días despois do informe final (incluídas as modificacións pertinentes: devolución de cartos...)
  • En canto á documentación: o Acordo de Formación orixinal quedará en mans do estudante Erasmus, a institución de envío e a empresa das prácticas quedarán con copias impresas ou escaneadas. En todos os anexos deben encherse todos os espazos en branco!
  • O importante para o cómputo da estadía (e motivo de auditorías!) son as datas que figuran no Certificado da Estadía que a empresa asina para cada estudante.
  • Informe final do estudante: o estudante que non o entrega en prazo (30 días despois do final da estadía) terá unha redución de ingresos do 20%; o estudante que non entrega o informe terá que devolver toda a beca (100%).

4. CURSO 2018-19

Reunión en Toledo os días 4-5 de outubro de 2018. Entre as novidades a destacar o cambio de alguns países de grupo de financiación polo que os alumnos que viaxan a Malta poderán a partir de agora recibir máis beca. A información aparece posta ao día no apartado correspondente a pagos SEPIE. Tamén nos ofreceron información máis detallada para organizar as prácticas dos alumnos con necesidades especiais e os enlaces onde se explica en detalle todo o procedemento. Os alumnos que recibiron beca do ministerio o curso pasado tamén verán aumentadas as axudas para a súa estadía de prácticas Erasmus.

Houbo unha charla sobre como funciona o proceso de avaliación e control dos centros educativos dentro da organización e cales son os documentos que temos que arquivar.

Animousenos a dar visibilidade ao proxecto a través de actividades no centro e das redes sociais.A reunión foi un bo foro para intercambiar experiencias con compañeiros de outros centros de España e atopar  apoios neste complexo proceso de organizar prácticas para o alumnado no estranxeiro.