Tarefa Expertos-Políticos-Covid
Requisitos do completado
Abertas: mércores, 19 de novembro de 2025, 9:05 PM
Pendente: xoves, 11 de decembro de 2025, 8:30 PM
Tarefa Expertos-Políticos-Covid
- Obxectivos: Analizar a tensión entre democracia e tecnocracia nun contexto de crise global. Con outras palabras, en situacións de riscos globais: ¿quen debe tomar as decisións, os expertos ou os representantes políticos?, ¿Platón ou Aristóteles?, ¿tecnocracia ou democracia?
- Instrucións: Redacción das respostas argumentadas ás cuestións que acompañan á versión reducida do artigo de Jorge Álvarez Yágüez e Carmela Gómez. Para cada bloque de preguntas débense recoller como mínimo dúas citas que queden incorporadas no corpo das respostas (non colgando ou soltas sen relación co que se responde). Enviar as respostas en documento de texto en arquivo pdf. Na primeira pregunta, hai que incluir algúns exemplos recentes de riscos globais que implicaran certos debates públicos acerca da toma de decisións. Na segunda pregunta hai que indicar tamén con cal dos dous filósofos gregos están de acordo o autor e a autora do artigo e o porqué. Na terceira e última pregunta ten que figurar unha especie de conclusión que indique cal é a postura da autora e o autor en relación a quen e como debe tomar as decisións en contextos de risco. Envíade a tarefa en documento de texto (non imaxe) en arquivo pdf.
- Non se admiten as tarefas copiadas ou clonadas nin os corta-pega nin tampouco os traballos elaborados por medio de IA que suplante á capacidade de pensar do alumno ou alumna.
- Puntuación: 1.5 puntos
- Prazo ampliado: Xoves, 11 de decembro de 2025, 20:30.