Actividade: Cantiga de amor: o amor cortés morreu,mudou, permanece...?
1) Escolle unha cantiga de amor do corpus da lírica medieval galego-portuguesa (pode ser algunha das que aparecen no libro de texto, das que vimos na clase ou outra calquera que se cadra podes atopar aquí: https://cantigas.fcsh.unl.pt/cantigastipo.asp).
Copia a cantiga e indica o autor ao comezo.
2) Elixe unha cantiga de amor actual, tradúcea ao galego de estar noutra lingua. A versión en galego será a única que apareza no traballo á par da cantiga de amor medieval. Indica o título e a autora ou autor.
3) Realiza a seguir o comentario literario do texto medieval. Segue a pautas para a análise das cantigas.
4) Analiza a canción de amor actual, aproveita as pautas do comentario poético que poidas.
5) Fai logo unha análise comparativa entre as dúas cantigas: paralelismos e diferenzas que atopas con respecto ao tratamento do amor.
6) Por último crea unha conclusión que sirva de peche.
O traballo debe realizarse a man e entregarse na clase.
Importante a presentación con portada, nome e apelidos, nome da materia e curso.
DATA LÍMITE DE ENTREGA: 9 de DECEMBRO
- 24 de novembro de 2025, 10:32 PM