Section outline

    • 1) Escolle unha cantiga de amor do corpus da lírica medieval galego-portuguesa (pode ser algunha das que aparecen no libro de texto, das que vimos na clase ou outra calquera que se cadra podes atopar aquí: https://cantigas.fcsh.unl.pt/cantigastipo.asp).

      Copia a cantiga e indica o autor ao comezo.

      2) Elixe unha cantiga de amor actual, tradúcea ao galego de estar noutra lingua. A versión en galego será a única que apareza no traballo á par da cantiga de amor medieval. Indica o título e a autora ou autor.

      3) Realiza a seguir o comentario literario do texto medieval. Segue a pautas para a análise das cantigas.

      4) Analiza a canción de amor actual, aproveita as pautas do comentario poético que poidas.

      5) Fai logo unha análise comparativa entre as dúas cantigas: paralelismos e diferenzas que atopas con respecto ao tratamento do amor.

      6) Por último crea unha conclusión que sirva de peche.

      O traballo debe realizarse a man e entregarse na clase.

      Importante a presentación con portada, nome e apelidos, nome da materia e curso. 

      DATA LÍMITE DE ENTREGA: 9 de DECEMBRO

    • CONTIDO

        

    • ÍNDICE 
      1. Características principais das cantigas de amor 
      2. O amor cortés 
      3. Temas das cantigas de amor 
      a. Eloxio da dama 
      b. Declaración de amor 
      c. Negativa da dama - Amor imposible 
      d. Coita de amor 
      4. Algúns recursos da cantiga de amor 
      a. Cantigas de refrán e cantigas de mestría 
      b. A finda 
      b. O dobre e o mordobre 

    • Fixádevos ben que son dúas páxinas. Podedes copialas no voso caderno.

    • ACTIVIDADES

    • Textos de cantigas de amor para comentar. Recoméndovos que as imprimades para poder traelas a clase e traballar con elas.

    • Aquí tedes outras cantigas a maiores por se queredes facer prácticas.