O IES A Sangriña volve poñer de manifesto, un ano máis, o seu compromiso coa innovación e co espírito emprendedor.
Este mércores, o centro foi recoñecido como un dos tres mellores de Galicia na categoría de innovación do concurso “Emprender es Soñar”, no que participaron máis de 1000 alumnos de toda a comunidade e 21 empresas socias de AGEF.
A entrega de premios celebrouse no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela, nun acto que reuniu estudantes, profesorado, persoas emprendedoras e representantes do ámbito empresarial e educativo de Galicia.
Este éxito foi posible grazas á colaboración con AGEF e a Fundación ABANCA, entidades que impulsan o talento novo e fomentan a creación de ideas con impacto social e económico.
Este recoñecemento pon en valor o esforzo, a creatividade e a capacidade do alumnado para transformar ideas en proxectos con impacto real, consolidando ao IES A Sangriña como un referente en innovación educativa en Galicia.
O futuro constrúese hoxe... e en A Sangriña xa o están soñando