O noso centro informa de que foi publicada a Resolución do 28 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros e alumnado para participar no programa EduMob de intercambio escolar.
Este programa está dirixido ao alumnado de Galicia matriculado en centros públicos de ensino non universitario e permite realizar un intercambio individual en réxime de reciprocidade con alumnado da Région Académique Grand Est (Francia) durante o curso 2026/2027.
Dirixido a:
Alumnado que curse 1º de Bacharelato no curso 2026/2027.
En que consiste?
Estancia de 4 semanas en Francia nun centro educativo.
Acollemento posterior dun/ha estudante francés/a nas mesmas condicións.
Prazo de solicitude:
Ata o 13 de maio de 2026.
Animámosvos a participar nesta experiencia única, que permite mellorar as competencias lingüísticas, coñecer outra cultura e vivir unha inmersión educativa internacional.