Instrucións para o alumnado
4. Crear un documento pdf
4.3. Crear un arquivo pdf cunha aplicación ofimática
Se dispoñemos dun ordenador ou unha tablet podemos escribir o documento co teclado.
A ferramenta de software libre LibreOffice incorpora varias aplicacións que nos permiten crear un pdf co documento que editemos. Para editar un documento de texto elixiremos Writer , para unha presentación Impress e para un póster Draw.
Se queremos modificar as fotos ou imaxes que teñamos en formato png ou jpg podemos usar a aplicación GIMP, pero se o único que queremos é gardar unha ou varias imaxes como pdf podemos usar calquera das aplicacións de LibreOffice.
Se non temos instaladas estas aplicacións, podemos descargalas dende:
Aplicación | URL |
Libreoffice | |
GIMP |
Libreoffice
Editamos os documentos coa aplicación que teñamos elixido, gardámolo no formato propio do programa: “odt” en writer, “odp” en Impress e “odg” en Draw, para poder modificalos posteriormente. A continuación eliximos a opción “Archivo – Exportar a pdf...” para gardar o arquivo en formato pdf.
GIMP
Despois de crear ou modificar a imaxe ou a foto con formato .png ou .jpg eliximos a opción “Archivo – Exportar como...”, no cadro de diálogo que se abre substituímos “.png” ou “.jpg” por “.pdf” no recadro “Nombre” e prememos “Exportar”, no novo cadro de diálogo que se abre eliximos de novo “Exportar”.